Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultad: Facultade de Ciencias da Educación

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Correo el.: anais.quiroga.carrillo@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Perspectiva de género e intervención socioeducativa con mujeres en las cárceles españolas 2023. Dirixida por Dra. María del Mar Lorenzo Moledo.

Doutora en Educación (2023) con Mención Internacional pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario Fin de Grao e recibiu dúas axudas de carácter competitivo para o desenvolvemento da súa tese doutoral: Axuda de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia (2018) e Axuda para a Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2018). Dende 2024 é Profesora Axudante Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. É membro do Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+I), a Rede de Investigación RIES, a Rede de Excelencia UNIASC e o Grupo de Innovación Docente PAIDEIA da USC. É autora de publicacións científicas indexadas en revistas de impacto (SJR/JCR) e ten participado en numerosos congresos no ámbito nacional e internacional, así como en varios proxectos competitivos do Plan Estatal de I+D+i e un proxecto Erasmus +. Realizou dúas estadías de investigación de carácter competitivo: na University of Cambridge e na Universidad Complutense de Madrid. Formou parte do Comité de Dirección da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e foi avaliadora da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como do Programa Docentia na Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación principais son: educación e pedagoxía en contextos penitenciarios, educación familiar, empregabilidade e aprendizaxe-servizo.