Aviso legal
FINS DO PORTAL
O Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un sistema de información que permite explorar a estrutura do I+D+i, localizar expertos nun campo de investigación científica e acceder aos resultados da investigación que se desenvolven na Universidade de Santiago de Compostela. Acceder ao Portal, implica aceptar as condicións de uso que se expoñen a continuación.
ACCESO
O acceso aos contidos da Web, farase de acordo á política que estableza a USC.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos ofertados.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a USC resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), poderá modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a información contida no sitio web, e poderá desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e os servizos que a integran.
Como usuaria, toda persoa que acceda a el estará obrigada a cumprir coas seguintes obrigas:
- Usar o Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela de maneira dilixente e correcta, asumindo tamén calquera responsabilidade que se puidese derivar do mal uso. Por iso, non se poderá utilizar o Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades contrarias á Lei, nin con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.
- A información que se introduza para os efectos de identificación deberá ser veraz e actualizada. É responsabilidade exclusiva do usuario/a o cumprimento desta obrigación e da información que se introduza para a identificación.
- Queda prohibido acosar, insultar, menosprezar ou dalgún modo acosar a terceiros.
- Igualmente queda prohibido, recoller ou almacenar información persoal sobre outros usuarios do Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela sen cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos.
- Queda prohibida a venda dos contidos do Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, así como calquera uso contrario a estas condicións e política de uso.
PROPIEDADE INTELECTUAL E TITULARIDADE DO PORTAL
A Universidade de Santiago de Compostela é propietaria e/ou licenciataria, de toda a información contida neste Portal, do seu deseño gráfico, imaxes, bases de datos, índices, códigos fonte, marcas e logotipos, estando protexidos conforme ao disposto na Lei de propiedade intelectual, así como na Lei de marcas. A súa posta a disposición e uso, non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor do usuario/a, polo que toda reprodución, copia, distribución total ou parcial, ou, comercialización, requirirá a autorización previa e escrita da Universidade de Santiago de Compostela, reservándose a entidade, en caso de uso indebido , o dereito a exercitar cantas accións legais fosen precisas para a restitución dos danos e prexuízos causados. Así mesmo o usuario obrígase a indemnizar á entidade por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar polo uso desta Web, infrinxindo estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.
A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Non obstante non poderán efectuar os seguintes actos:
- Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos.
- Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na web.
Non se precisará a autorización do titular:
- Cando se realice unha utilización con fins persoais.
- Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte.
- Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou para os efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Este Portal e o seu sitio web non recompila datos de carácter persoal polo que non é aplicable a normativa de protección de datos. Para calquera consulta sobre esta materia poderá dirixirse a protecciondatos@usc.es
OUTROS DEREITOS
Queda prohibida a reprodución parcial ou total do nome ou logotipo da USC para fins non académicos ou comerciais sen consentimento expreso e escrito do seu lexítimo titular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva das persoas usuarias. O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web. Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.