Portal da
Investigación
Santiago de Compostela
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
Dirixido pola catedrática Belén Bande, nace para deseñar propostas adaptadas ás necesidades e ás respostas das persoas consumidoras
06/11/2026Coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar e coa participación do iARCUS da USC, o proxecto avaliou ademais tecnoloxías de tratamento e promoveu accións de protección ambiental e concienciación cidadá
06/11/2026“Debemos axudar á sociedade a comprender as transformacións que se están a producir, fomentar un debate público informado e contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxías que respecten os dereitos humanos, os valores democráticos e o ben común”, explicou a reitora Rosa M. Crujeiras
05/11/2026O manual reúne recomendacións sobre bioseguridade, benestar animal, alimentación, muxido, calidade do leite, sustentabilidade e xestión das explotacións
05/11/2026Destaca en publicacións situadas entre o 10 % máis citado e nas asinadas por mulleres, así como nos ámbitos de Matemáticas e informática e de Ciencias Sociais e Humanidades
05/11/2026O fundador do observatorio de neutrinos IceCube e demais membros do SAB manteñen esta semana varias reunións de traballo en Santiago de Compostela
05/11/2026A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC participa nesta iniciativa a través do Grupo de Estudos Audiovisuais
05/11/2026A empresa promovida por persoal investigador do CiQUS, actualmente constituída como spin-off da USC, foi seleccionada para a fase final do programa de investimento en saúde impulsado por Banco Sabadell tras unha convocatoria que reuniu máis de 235 proxectos
04/11/2026Especialistas das principais universidades de Europa, América e África e de organismos como a OCDE e a Comisión Europea participan no encontro
04/11/2026Titulados 'Unha autopsia arqueolóxica: o que os ósos do pasado nos contan’ e 'Entendendo o Imperio', desenvolveranse os días 7 e 10 de novembro
04/11/2026