Fachbereich: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Fakultät: Facultade de Ciencias da Educación

Bereich: Theorie und Geschichte der Erziehung

Forschungsgruppe: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Email: anais.quiroga.carrillo@usc.es

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Perspectiva de género e intervención socioeducativa con mujeres en las cárceles españolas 2023. unter der Leitung von Dr. María del Mar Lorenzo Moledo.

Doutora en Educación (2023) con Mención Internacional pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario Fin de Grao e recibiu dúas axudas de carácter competitivo para o desenvolvemento da súa tese doutoral: Axuda de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia (2018) e Axuda para a Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2018). Dende 2024 é Profesora Axudante Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. É membro do Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+I), a Rede de Investigación RIES, a Rede de Excelencia UNIASC e o Grupo de Innovación Docente PAIDEIA da USC. É autora de publicacións científicas indexadas en revistas de impacto (SJR/JCR) e ten participado en numerosos congresos no ámbito nacional e internacional, así como en varios proxectos competitivos do Plan Estatal de I+D+i e un proxecto Erasmus +. Realizou dúas estadías de investigación de carácter competitivo: na University of Cambridge e na Universidad Complutense de Madrid. Formou parte do Comité de Dirección da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e foi avaliadora da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como do Programa Docentia na Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación principais son: educación e pedagoxía en contextos penitenciarios, educación familiar, empregabilidade e aprendizaxe-servizo.