EGAP 2.0Contorno colaborativ o para a xestión do coñecemento nas administracións públicas de Galicia

  1. Carmen Voces López 1
  1. 1 Escola Galega de Administración Pública
Revista:
REGAP: Revista galega de administración pública

ISSN: 1132-8371

Ano de publicación: 2011

Volume: 1

Número: 41

Páxinas: 373-393

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: REGAP: Revista galega de administración pública

Resumo

No ano 2001 Tim O Reilly acuña o concepto de Web 2.0 para designar a evolución de Internet cara a maiores niveis de interactividade cun funcionamento cada vez máis sinxelo e intuitivo (Landeta, 2008). De maneira máis concreta, Antonio (2007) defínea como “la Red convertida en un espacio social, con cabida para todos los agentes sociales, capaz de dar soporte a y formar parte de una verdadera sociedad de la información, la comunicación y/o el conocimiento”. Neste novo marco de acción, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) asume con convicción e entusiasmo o labor de confeccionar unha Web colaborativa, a EGAP 2.0, que lles permita aos seus usuarios acceder e participar na creación dun coñecemento ilimitado. EGAP 2.0 conceptualízase como un novo portal construído sobre os principios de renovación, credibilidade, aprendizaxe, colaboración e actualización. Un espazo no que se recollerán todos os recursos de formación impartidos na Escola (EGAP TV, pdf, scorm ...) e co que se pretende (a) fomentar a transmisión e xeración da aprendizaxe formal e informal entre os empregados públicos, (b) poñer a disposición da sociedade todo o acervo e bagaxe cultural acumulados pola Escola no desenvolvemento da súa actividade, (c) familiarizar aos usuarios no manexo das ferramentas web 2.0, (d) fomentar a creación de canles de comunicación e o intercambio de información e (e) converter a EGAP nun lugar de referencia para a procura de formación e información. Como organismo da Administración Pública, a EGAP quere apoiar o papel fundamental que se lle vén atribuíndo no desenvolvemento da Sociedade da Información, evolucionando cara á completa Administración Electrónica