JOSE LUIS
PASTORIZA ROZAS
Profesor axudante doutor
Departamento: Departamento de Filosofía e Antropoloxía
Facultad: Facultade de Filosofía
Área: Filosofía
Grupo de investigación: Historia política e dos nacionalismos
Correo: jl.pastoriza@usc.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Galeguismo, humanismo e desenvolvemento o pensamento militante de Xaime Isla Couto 2022. Dirixida por Dr. Marcelino Agís Villaverde.
Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Desenvolvemento Local pola USC e MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Membro do grupo de investigación HISPONA da USC, padroeiro da Fundación Isla Couto, membro da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, experto do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). As súas áreas de investigación abranguen a filosofía galega, o nacionalismo galego e as súas redes durante a II República e o franquismo, a educación para a cidadanía global e a política pública de cooperación para o desenvolvemento. Nas súas publicacións ten contribuído á reconstrución das iniciativas político-culturais do galeguismo e ás biografías de Xaime Isla, Ramiro Isla, Chita Lamas Barreiro, Plácido Castro, Florencio Delgado Gurriarán, Camilo José Cela, Ramón Piñeiro ou Francisco Fernández del Riego. A súa experiencia profesional abrangue o traballo como técnico de proxectos e xestión na secretaría técnica da Coordinadora Galega de ONGD, técnico de educación para a cidadanía global en Entreculturas ONGD, investigador na Fundación Isla Couto e director do C.M.U. San Agustín (Santiago de Compostela). Entre 2012 e 2023 ten facilitado como consultor os procesos participativos de planificación estratéxica e avaliación da política pública de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia e ten prestado servizos de asistencia técnica a Entreculturas, Mans Unidas, Campaña Mundial pola Educación, Coordinadora Galega de ONGD, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña e Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.