ALEJANDRO
SOTELINO LOSADA
Profesor contratado doutor
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Área: Teoría e Historia da Educación
Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa
Correo el.: alexandre.sotelino@usc.es
Web persoal: https://www.usc.es/esculca/
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aprendizaje-servicio en las universidades gallegas evaluación y propuesta de desarrollo 2014. Dirixida por Dr. Miguel Anxo Santos Rego, Dra. María del Mar Lorenzo Moledo.
Alexandre Sotelino Losada é Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, institución onde tamén obtivo anteriormente a Licenciatura en Pedagoxía, con Premio Extraordinario e o Diploma de Estudos Avanzados. No ano 2021 foi nomeado mellor docente Universitario de España nos Premios Educa-Abanca, nos cales resultou finalista en 2022, 2019 e 2018. Tamén en 2021 recibe a mención dos Premios SUISIA pola coordinación do proxecto de ApS “PEINAS-Pedagogia Intercultural e Aprendizaxe-Servizo”, e en 2024 o Premio Alfredo Iglesias na categoría de ciencia. Formou parte do programa FPU (Formación de Profesorado Universitario) do Ministerio de Educación entre os anos 2009–2013. Na actualidade traballa como profesor contratado doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Anteriormente tamén traballou na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación prioritarias son: educación e pedagoxía intercultural, complexidade e teoría de procesos educativos, educación internacional, educación cívica, e políticas educativas, aprendizaxe-servizo e antropoloxía aplicada. Pertence ao Grupo de Investigación Esculca, recoñecido pola USC e pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitivo, que obtivo o 3º Premio Nacional de Investigación Educativa 2003, o 1º Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 e o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica 2012 (3ª edición) (Xunta de Galicia-USC). No marco deste grupo participou en diferentes proxectos e labores de investigación. Durante os últimos anos realizou diferentes achegas a Congresos de índole nacional e internacional. Pertence á Rede de Investigación RIES integrada por 7 grupos de investigación do Sistema Universitario Gallego (SUG). Ademais é coordinador do grupo de innovación docente Alén - ApS