Departamento: Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Facultad: Facultade de Filoloxía

Área: Literatura Española

Grupo de investigación: Gramática do español

Correo el.: maria.sampedro.mella@usc.es

Web persoal: https://gramatica.usc.es/en/members/16

Doutora pola Universidad de Salamanca coa tese Las formas de tratamiento tú y usted en el español centro-norte peninsular. Estudio sociolingüístico 2016. Dirixida por Dr/a. María del Carmen Fernández Juncal.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC con Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia (2010) e Doutora, con Mención Internacional, en ‘Lingua Española: Investigación e Ensino’ pola Universidade de Salamanca (2016), con Máster en Profesorado (2011) e Máster en Ensino do Español como Lingua Estranxeira (2012) pola mesma universidade. Entre 2011 e 2021 traballei como docente e investigadora nas Universidades de Salamanca, Lisboa e Sorbonne Nouvelle (París). Impartín, entre outras, as materias de Lingüística Xeral, Lingüística Española, Análise do Discurso, Español como Lingua Estranxeira, Sintaxe, Didáctica do Español e Escritura Periodística e Crítica Textual, en distintos graos e mestrados. Como investigadora, formei parte do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa (CLUL) e do equipo CLESTHIA-Langage, Systèmes, Discours da U. Sorbonne Nouvelle. Na actualidade son investigadora posdoutoral no Grupo Gramática do Español. As miñas liñas de investigación son a pragmática sociocultural, a análise do discurso, a lingüística contrastiva, a lingüística aplicada, o español como lingua estranxeira e a lingüística de corpus aplicada ao ensino de linguas estranxeiras.