JOSE EUGENIO
RODRIGUEZ FERNANDEZ
Profesor contratado doutor
Departamento: Departamento de Didácticas Aplicadas
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Área: Didáctica da Expresión Corporal
Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa
Correo: geno.rodriguez@usc.es
Web persoal: https://www.usc.es/esculca/
Doutor pola Universidade da Coruña coa tese O estudo do xogo dos bolos en Boiro aspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuro 2013. Dirixida por Dr/a. José Palacios Aguilar, Dr/a. José María Pazos Couto.
Licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña (1992-1996), Diploma en Estudos Avanzados (programa en ciencias da actividade física e o deporte: avances e investigación, Universidade da Coruña 2001-2003), Diplomado en Educación Física pola Universidade de Vigo (2003-2007), con Master (2013-2014) e curso de Posgrao (2016-20176) oficiais cursados na Universidade de Santiago de Compostela no ámbito da saúde, inicia a súa traxectoria científica e investigadora co proxecto de tese de doutoramento no ano 2011 e culminado no ano 2013 coa lectura da tese titulada “O estudo do xogo dos bolos en Boiro: aspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuro”, dirixida por José María Pazos Couto (Uvigo) e José Palacios Aguilar (UDC). Tras o inicio de xestión de instalacións deportivas (Sidecu SL, 1996-1997), desenvolve a súa labor profesional durante 20 anos como técnico do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Boiro (1997-2017). No ano 2015 inicia a súa traxectoria docente como Profesor Asociado (2015-2017) na Facultade de Ciencias da Educación (USC) na área de Didáctica da Expresión Corporal (Departamento de Didácticas Aplicadas), para seguir como Profesor Axudante Doutor (2017-2022) e, finalmente, como Profesor Contratado Doutor (2022), figura que ocupa actualmente. No ano 2015 entra a formar parte do Grupo de Investigación Esculca, grupo de referencia competitiva na USC (GI-1790) no que desenvolve gran parte da súa tarefa investigadora. Forma parte, ademais, dos Grupos de Innovación Docente SARELA (2016) e PAIDEIA (2017), ambos da USC. No ámbito da xestión académica na USC foi Director do Colexio Maior San Clemente (Sistema Universitario de Residencias, 2018-2022) e, actualmente, ocupa o cargo de Vicedecano con competencias en Ordenación Académica, Mobilidade e Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación. No período 2015-2024, a súa traxectoria científica e investigadora desenvólvese en base ás liñas temáticas relacionadas coa Educación Física escolar, o xogo tradicional, hábitos saudables na escola, avaliación da competencia motriz do alumnado de educación infantil e primaria, a metodoloxía de aprendizaxe-servizo e o traballo por proxectos dende a Educación Física. Destacan as súas publicación en revistas indexadas de acordo cun índice de calidade relativo (SJR/JCR), a autoría o libro “O xogo dos bolos en Boiro: tradición, cultura e educación” (Toxosoutos, 2016), numerosos capítulos de libro e contribucións en congresos nacionais e internacionais, a participación en 10 proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais (destacando o proxecto Erasmus+ “mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusión of migrants/refugees) ou a patente de ALFAMOV (ferramenta informática para a avaliación das habilidades motrices en alumnado de educación primaria, derivado do Proxecto Nacional liderado polos profesores Cristian Abelairas e Ezequiel Rey). Entre os anos 2016-1019 realizou 4 estadías de investigación na Universidade do Minho (Portugal), tecendo unha rede de colaboración entre ambas universidades e outras universidades lusas, latinoamericanas ou africanas, desenvolvendo investigacións conxuntas, participando na avaliación de proxectos, formando parte de tribunais de teses de doutoramento ou mesmo dirixindo teses do Instituto de Educação da Uminho. Actualmente conta con 1 quinquenio docente, 1 sexenio de investigación e é Profesor Titular de Universidade (2024).