Institut: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización

Fakultät: Facultade de Matemáticas

Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

Bereich: Mathematische Analyse

Forschungsgruppe: Grupo de Investigación en Matemáticas

War teil dieser gruppen:

Email: mvictoria.otero@usc.es

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Algunos aspectos combinatorios, topológicos y diferenciables de la dinámica sobre el intervalo 1992. unter der Leitung von Dr. Charles Tresser, Dr. Fernando Costal Pereira.

M. Victoria Otero Espinar é doutora en Matemáticas (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Realizou a súa tesis doctoral baixo a dirección dos doutores Charles Tresser (Universidad de Nice e Centro de Investigación IBM en New York) e Fernando Costal (USC), sobre Sistemas Dinámicos Discretos. Estivo vinculada desde 1986 á USC ocupando diversos postos docentes. Na actualidade é catedrática de Análise Matemática na USC. En 1989 ocupou o cargo de Academic Visitor no Centro de Investigación T. J. Watson, Yorktown Heights de IBM en New York. As súas liñas de investigación enmárcanse no campo de Ecuacións Diferenciais e en Diferenzas, Sistemas Dinámicos e Biomatemática. Realizou visitas de investigación en numerosos centros e laboratorios nacionais e internacionais como Laboratoire de Mathématiques (Université de Nice), King's College (University of Cambridge), Mathematics Institute (University of Warwick), Universidade de Lisboa, Universidade de Porto ou Universidade Autónoma de Barcelona, entre outros. Impartiu numerosas conferencias e participou en mesas redondas sobre diversos temas relacionados coa investigación, ensino e a aprendizaxe (especialmente no ámbito das Matemáticas). Participa activamente en actividades de innovación docente e na organización de actividades de divulgación científica, encamiñadas a conseguir un achegamento das matemáticas á sociedade, como os Campamentos Científicos de Verano (Fecyt), ESCIVE, ESTALMAT, MatCampus, exposición RSME-Imaginary, etc. Foi membro do xurado de distintos premios de divulgación (Premios PRISMA, Premios da Crítica de Galicia...). Ten experiencia en xestión universitaria e administración educativa e científica. Actualmente é vicepresidenta do Comité Español de Matemáticas (CEMAT) e vicepresidenta primeira da Real Sociedad Matemática Española (RSME). Entre outros, foi vicerreitora de Titulacións na USC, decana da Facultade de Matemáticas da USC, presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas, presidenta do Colexio de Decanos da USC. Desde 2015 preside a Comisión RSME-RAE e foi presidenta da Comisión Profesional da RSME. Foi membro de distintos comités, como o Comité Ejecutivo da Comisión CRUE-Docencia, Comité Ejecutivo do CEMAT, Xunta de Goberno da USC, Xunta de Goberno de RSME, Comité Científico do Instituto de Matemáticas da USC. Exerceu como avaliadora de distintos programas de avaliación do profesorado e títulos para a Agencia Nacional de Evaluacion de la Calidad y Acreditacion (ANECA) e a Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG). É membro do comité editorial de varias revistas científicas.