Departamento: Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía

Facultad: Facultade de Veterinaria

Instituto: Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)

Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Xestión e Produción sustentable de Biorrecursos (BioReDes)

Área: Microbioloxía

Grupo de investigación: LREC Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC)

Correo: azucena.mora@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Escherichia coli verotoxigénicos (ECVT) O157-H7 y no O157 Prevalencia, serotipos, fagotipos, genes de virulencia, tipos de intiminas, perfiles de PFGE y resistencias a antibióticos de ECVT de origen humano y animal 2002. Dirixida por Dr. Jorge Blanco Álvarez, Dr. Miguel Blanco Álvarez.

Especialidades predominantes (top 5) Obtenidas a partir de las publicaciones help
Obtenidas a partir de las publicaciones

Las especialidades temáticas mostradas se han obtenido mediante la aplicación de modelos de inteligencia artificial, obtenidos como resultado del Proyecto Hércules.

El listado puede contener errores. En proceso de evaluación y mejora. Compartido para recoger sugerencias de la comunidad.

  1. Food Science (Agricultural and Biological Sciences) Filtrar
  2. Applied Microbiology and Biotechnology (Immunology and Microbiology) Filtrar
  3. Internal Medicine (Medicine) Filtrar
  4. Public Health (Medicine) Filtrar
  5. Microbiology (medical) (Medicine) Filtrar

Doutora en veterinaria, premio extraordinario de tese doutoral da USC e premio SYVA á mellor tese en Sanidade Animal (2002). Investigadora do Programa Nacional Ramón e Cajal de atracción de talento (2007-2012). Actualmente é Catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo e directora científica do Centro de Investigación de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET). Académica correspondente nacional electa da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia pola área de sanidade animal. Membro do Laboratorio de Referencia de E. coli (LREC), incluído nos EU-NRL para VTEC en Alimentos, e membro do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS). Membro do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) desde o 2023, e colaboradora do Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS). Education Officer do ESCMID Food- and Water-borne Infections Study Group (EFWISG) (2024-2026). Con máis de 25 anos de experiencia en E. coli patógena para humanos e animais, dirixiu oito proxectos nacionais/rexionais como investigadora principal, e numerosas teses doutorais e traballos científicos. É autora de máis de 100 publicacións científicas (índice H = 49; WOS), unha das cales foi merecedora do Premio PRAN II Ed. 2018. O seu interese investigador céntrase nas resistencias aos antibióticos cunha aproximación "One-Health"; a liña de investigación actual “Monitorización integrada do fluxo de resistencias a antimicrobianos (RAM) e dianas de intervención “do medio ambiente, á granxa e á mesa” recibiu o premio PRAN 2024 na categoría de “Mellor iniciativa de investigación da resistencia aos antibióticos”. A Dra. Moura dirixe o dirixe o Servizo de Diagnóstico e Asesoría relacionados con técnicas microbiológicas para o xenotipado de cepas de E. coli patóXenas.