Departamento: Departamento de Química Inorgánica

Facultad: Facultade de Ciencias

Área: Química Inorgánica

Grupo de investigación: SUPRABIOIN Química Bioinorgánica e Supramolecular

Correo: marcelino.maneiro@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Fotosíntese artificial síntese de novos complexos miméticos 1998. Dirixida por Dr. Manuel R. Bermejo Patiño, Dr/a. Antonio Sousa Alonso.

Marcelino Maneiro é catedrático de Química Inorgánica na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciado en Química (1993) e doutor pola USC (1998) coa tese titulada “Fotosíntese artificial: síntese de novos complexos miméticos”, realizou estadías predoutorais na University of Manchester (Reino Unido, 1996-1997) e postdoutorais en Princeton University (Estados Unidos, 1998-2000) e RSCI (Irlanda, 2004). A súa carreira académica está vencellada á USC, na que ocupou diferentes postos de investigador e docente, primeiro no Campus de Santiago e logo no Campus de Lugo, ata vincularse como PDI permanente no 2006. No 2007 promocionou a profesor titular de universidade e é catedrático na Facultade de Ciencias dende o ano 2024. Maneiro é autor ou coautor de máis de 80 publicacións científicas, máis de 200 contribucións a congresos, e dirixiu/participou nuns 40 proxectos/convenios/contratos de investigación. A súa investigación céntrase nos catalizadores biomiméticos, complexos inorgánicos sintéticos que poden simular a actividade de encimas naturais, como son a catalase, peroxidase ou superóxidodismutase. Mantén o seu interese polo deseño de novos complexos de manganeso que poidan catalizar a fotólise da auga e tamén polo papel das interaccións supramoleculares para mellorar a actividade catalítica destes compostos. Maneiro é na actualidade coordinador do grupo de investigación Suprabioin, e foi tamén coordinador (2014-2024) do grupo de innovación docente CienciaNOSA (ciencianosa.gal) con intensa actividade na elaboración de materiais didácticos e na divulgación científica. Neste sentido, é autor de diferentes manuais de docencia, presentacións en congresos docentes, iniciativas de integración das TIC na docencia, actividades de posta en valor do patrimonio científico, de revisión crítica da historia da ciencia e da introdución da perspectiva de xénero na ciencia, que deron lugar a diferentes premios e recoñecementos.