Departamento: Departamento de Enxeñaría Química

Facultad: Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Centro singular: Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

Universidad: Universidade de Santiago de Compostela

Área: Enxeñaría Química

Grupo de investigación: BIOGROUP Biotecnoloxía Ambiental

Correo: almudena.hospido@usc.es

Teléfono: 881816797

Dirección: ETSE. Despacho 2.4 (2ª planta)

Web persoal: https://cretus.usc.es/gl/almudena-hospido-quintana-3/

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Life cycle assessment as a tool for analysing the environmental performance of key food sectors in Galicia (Spain) milk and canned tuna 2005. Dirixida por Dr. Gumersindo Feijoo Costa, Dra. María Teresa Moreira Vilar.

Almudena Hospido Quintana (Santiago de Compostela, 1976) é Catedrática de Enxeñaría Química na ETSE, membro do grupo de investigación en Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP, GI-1613) e investigadora do centro CRETUS. Enxeñeira Química (1999) e doutora en Enxeñaría Química e Ambiental (2005, Premio Extraordinario), completou a súa formación cun Diploma en Xestión de Ciclo de Vida na University of Surrey (2006). Tras períodos posdoutorais no Reino Unido e en Suecia, consolidou a súa carreira como docente e investigadora na USC. A súa investigación céntrase na integración do Pensamento de Ciclo de Vida como ferramenta para a toma de decisións, mediante o desenvolvemento e aplicación de metodoloxías de avaliación. Destaca o seu traballo no ciclo urbano da auga, onde coordinou un proxecto europeo que deu lugar á metodoloxía estandarizada CEN/TR 17614 para avaliar a eficiencia enerxética en estacións de depuración de augas residuais; e no sector alimentario, con traballos e investigacións tanto a nivel de produto como a nivel sectorial e territorial. Na actualidade a súa investigación focalízase no apoio a tecnoloxías emerxentes mediante o desenvolvemento e emprego de ferramentas prospectivas nas etapas iniciais do deseño de procesos con liderado e participación en proxectos nacionais e internacionais. Publicou máis de 95 artigos con revisión por pares (93% en Q1, índice H = 45), 16 capítulos de libro e foi editora de dous volumes. Presentou máis de 130 comunicacións en congresos internacionais e ten dirixido unha decena de teses de doutoramento e máis de 30 de TFM e TFG. No eido da xestión universitaria, foi coordinadora de relacións internacionais (2013-2014) e Vicerreitora de Internacionalización (2015-2018), impulsando o I Plan Estratéxico de Internacionalización da USC. Desde 2023 é Coordinadora Académica do Grao en Enxeñaría Química, e participa activamente en programas de mentoría científica tanto dentro da USC (CRETUS e EDIUS) como fóra dela (IMDEA Energía).