Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultad: Facultade de Ciencias da Educación

Instituto: Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: Pedagoxía Social e Educación Ambiental

Correo el.: rita.gradaille@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Educación e socialización da muller na Galicia rural unha análise sociobiográfica das súas traxectorias académicas, laborais e familiares 2003. Dirixida por Dr. José Antonio Caride Gómez.

Doutora en Ciencias da Educación (2003), con Premio extraordinario de Licenciatura (1997) e Doutorado (2004). Foi contratada Postdoutoral (2004) e Investigadora Parga Pondal (2005-2009). Realizou un total de 16 estadías de investigación pre e postdoutorais (34 meses) en centros competitivos de España e do estranxeiro; obtendo diferentes bolsas competitivas do Ministerio para o intercambio científico no exterior: Intercampus (1), José Castillejo (2) e Bilateral (1). As súas liñas de investigación céntranse en: Pedagoxía-Educación Social; Tempos educativos e sociais; Políticas socioeducativas e dereitos humanos; Desenvolvemento comunitario; Educación, xénero e equidade social; Educación do Ocio. Na actualidade é vicepresidenta da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social (SIPS) e secretaria da Rede de excelencia Ociogune.