JESUS
GARCIA ALVAREZ
Profesor contratado doutor
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Área: Teoría e Historia da Educación
Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa
Correo: jesus.garcia.alvarez@usc.es
Web persoal: http://www.usc.es/esculca/
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Formación e inserción sociolaboral de los graduados en pedagogía De las expectativas a la realidad 2018. Dirixida por Dr. Miguel Anxo Santos Rego.
Doutor en Educación pola USC con Mención Internacional e Premio Extraordinario. Tamén se lle concedeu o Premio Extraordinario Fin de Carreira e o Premio Extraordinario de Máster. As súas principais liñas de investigación son: pedagoxía laboral, análise dos procesos de inserción laboral en educación superior, metodoloxías activas de aprendizaxe e competencias transversais e empregabilidade. Na súa traxectoria académica, desfrutou de diferentes axudas de carácter competitivo: Bolsa de Colaboración (2011), Bolsa predoutoral da Xunta de Galicia (2013) e Bolsa FPU do Ministerio de Educación (2014). Desde 2023 é Profesor Contratado Doutor no Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da USC. É membro do Grupo de Investigación Esculca (Grupo de Referencia Competitiva), así como da Rede de Investigación RIES e da Rede de Excelencia UNIASC. É membro do Grupo de Innovación Docente PAIDEIA da USC. Participou en diferentes actividades e proxectos de I+D+I, entre os que destacan: Autonómicos: • Estudo "Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia" (2015-CP022). Contrato coa Consellería de Traballo - Xunta de Galicia. • Aprendizaxe-e cooperación para o desenvolvemento. Formando para a cidadanía global. Convocatoria de educación para o Desenvolvemento 2023. Plan Estatal de I+D+i: • Aprendizaxe-Servicio e Innovación na Universidade. Un programa para a mellora do rendemento académico e o capital social dos estudantes (EDU2013-41687-R). Convocatoria de RETOS 2013. • Implicación Familiar e Rendemento Académico en Educación Primaria. A Efectividade dun Programa para pais e nais (EDU2015-66781-R). Convocatoria de RETOS 2015. • Aprendizaxe-servicio (ApS) e empregabilidade dos estudantes universitarios en España: competencias para a inserción laboral (EDU2017-82629-R). Convocatoria de RETOS 2017. • O impacto da universidade na comunidade a través dos proxectos de aprendizaxe-servicio. Un estudo centrado na reciprocidade (PID2021-122827OB-I00). Xeración do coñecemento 2021. Erasmus+: • Mobilizar recursos da comunidade universitaria a través de SL(M) para a inclusión de persoas migrantes/refuxiadas. Erasmus+ KA220-HED (Asociacións de cooperación en educación superior). Realizou dúas estadías de investigación con carácter competitivo en universidades de prestixio. Unha na Universidade Complutense de Madrid (2015) e outra na Cardiff University (2017). Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais con máis de 50 traballos. É tamén autor dun total de 34 publicacións en revistas científicas, así como de 14 capítulos de libro, 2 libros nas editoriais Dykinson e Octaedro e diversos informes de investigación. Foi Coordinador do Grao en Educación Social da USC. Actualmente, é Secretario da Facultade de Ciencias da Educación e Coordinador do Programa Erasmus na USC. É Asesor UNED no Centro Penitenciario de Teixeiro. Foi avaliador da ACSUG entre 2014 e 2018. Foi tamén avaliador do Programa Docentia na UDC (2015). É membro do Consello de Redacción da Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, así como avaliador de revistas de impacto como Behavioral Sciences, Revista Educar, Social Sciences, Education Research International, Sustainability, Trends in Higher Education, Revista de Educación, Educatio Siglo XXI, Revista Fuentes, Revista Publicaciones, Revista Complutense de Educación, ou Revista de Teoría de la Educación. Participou como membro do Comité Organizador de diversos congresos (6) de carácter internacional, e formou parte do Comité Científico do I Congreso Internacional de Psicoloxía Educativa (2020) e do III Simposio Internacional "Aprendizaxe-Servizo na Universidade: Empregabilidade e Calidade" (2021).