Departamento: Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

Facultad: Facultade de Psicoloxía

Instituto: Instituto de Psicoloxía (IPsiUS)

Área: Psicoloxía Básica

Grupo de investigación: Procesos cognitivos e conduta

Correo: isabel.fraga@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Efectos de la observación de modelos sobre la conducta de fumar 1992. Dirixida por Dr. Cástor Méndez Paz.

Isabel Fraga Carou é profesora de Psicoloxía Básica na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciada en Filosofía e CC. da Educación e Doutora en Psicoloxía, durante os últimos anos ten ocupado distintos cargos académicos, como o de vicedecana de Organización Académica e Grao na Facultade de Psicoloxía. Actualmente é a coordinadora do Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social, así como da especialidade en Psicoloxía Experimental do Mestrado en Psicoloxía. Dexde 2008 coordina tamén o Grupo de Investigación Procesos Cognitivos e Conduta. Experta en psicoloxía da linguaxe, a súa investigación máis reciente céntrase na actividade cerebral asociada ao procesamento do xénero gramatical e a súa posible interacción co procesamento afectivo, o desenvolvemento de corpus de palabras emocionais e o estudo da prevalencia da palabra en lingua galega. Foi investigadora principal de varios proxectos autonómicos e nacionais, vogal da Sociedade Española de Psicoloxía Experimental e directora de teses de doutoramento de lingüística e psicolingüística, desenvolvendo asimesmo un intenso labor como revisora de artigos en revistas internacionais de alto impacto.