
LOURENZO
FERNANDEZ PRIETO
Catedrático de universidade
Institut: Departamento de Historia
Fakultät: Facultade de Xeografía e Historia
Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Bereich: Zeitgeschichte
Forschungsgruppe: HISTAGRA Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX
Email: lourenzo.fernandez@usc.es
Persönliche Website: https://histagra.usc.es/es/persoas/1/lourenzo-fernandez-p...
Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation A renovación tecnolóxica da agricultura galega, 1850-1939 estado, sociedade e innovación nunha economía campesiña 1990. unter der Leitung von Dr. Ramón Villares Paz.
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi profesor convidado nas universidades de Londres, Cork, Nova York e Princeton. Actualmente é director científico do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais)e preside a Sociedade de Estudios de Historia Agraria (SEHA). Especializado na historia das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrário, ten realizado e dirixido traballos de investigación relacionados coa construción da modernidade no mundo rural e sobre o tempo da guerra civil e a ditadura. Participou e organizou numerosos congresos e coloquios da especialidade. Foi Vicerreitor de relacións institucionais da USC (2007-2009) e Director dos Departamentos de Historia Contemporánea e de América (1998-2006 e 2010-2016)) e do departamento de Historia da USC (2020-2021). Foi I.P. en numerosos proxectos de I+D+i entre eles; Laboratorio EcoSocial do Barbanza - FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD 2023 (2024-2025); Las dos vias de cambio y desarrollo agrario del siglo XX. . La agricultura atlantica, 1880-2000 (2021-2024); Políticas agrarias en un contexto autoritario, de la autarquía a la revolución verde: consecuencias en el agroecosistema, la economía y la sociedad rural (1940-1980) (2011-2013) y Agrarian History fos Sustainable Agriculture (2004). Foi coordinador da Rede REVOLTA de Agroecoloxía, composta por oito grupos de investigacións das universidade galegas e procura ser o lugar de encontro e debate ao redor da agroecoloxía e o medio rural galego (2010-2011; 2014-2015). Ademais coordinou e dirixiu investigacións a través de conveniose contratos, como o Laboratorio Ecosocial do Barbanza (2020-2022); Actuacións dentro do Plan Cuatrienal de Memoria Histórica (2021-2024); Eo Alimenta (2020-2023) entre os máis recentes. Dirixíu o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, dedicado á investigación da violencia franquista en Galicia (2006-2010) e “La socialización en la guerra contra la República y los apoyos de la dictadura franquitsa. Reclutamiento, movilización y participación en el "Ejército sublevado" (1936-1939)" (2009-2012). Ten dirixidos 22 proxectos de investigación competitivos e, así mesmo, dirixiu 39 convenios e contratos de investigación con entidades públicas e privadas. Entre as súas publicacións máis recentes: (2024) con Soto, D.; Balboa López, X.: "Del manejo campesino del fuego al incendio post-campesino en Galicia", en Historia Agraria de América Latina, Vol V, nº 1, p. 19-38; (2023) con Leira-Castiñeira, F.J. (2023): “Military mobilisation of the Nationalist coup leaders during the Spanish Civil War (1936–1939): the correlation between killing and recruitment”, nº 42, War & Society; (2023) con Leira Castiñeira, F.J. (Eds.), Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras. La construcción sociopolítica de la dictadura franquista (1936-1960), Valencia, PUV; (2023) con Lanero Taboas, D.; Martiin, C.; and Herment, L. (eds), From Breeding & Feeding to Medicalization Animal Farming, Veterinarization and Consumers in Twentieth-Century Western Europe, Turnhout, Brepols; (2023) con Soto Fernámdez, D. E Esperante, B. “How farmers adopt new technologies: connections between farmer and technician knowledges in Galicia (NW Iberian Peninsula) (1880–1940)”, in Rural History. Economy, Society, Culture, nº, 34, p. 1-18.