Fachbereich: Departamento de Historia

Fakultät: Facultade de Humanidades

Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Bereich: Zeitgeschichte

Forschungsgruppe: Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX

Email: ana.cabana@usc.es

Persönliche Website: https://histagra.usc.es/es/persoas/9/ana-cabana-iglesia

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Entre a resistencia e a adaptación a sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) 2006. unter der Leitung von Dr. Lourenzo Fernández Prieto.

Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo) é Profesora Titular do Departamento de Historia. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006). Docente da área de Historia Contemporánea no Campus de Lugo da USC desde 2003. Membro do Grupo de Investigación de Referencia Competitiva Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. Ten realizado estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia e a historia das mulleres e do xénero aplicada á sociedade rural do século XX.