ANA
CABANA IGLESIA
Profesora titular de universidade
Departamento: Departamento de Historia
Facultad: Facultade de Humanidades
Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Área: Historia Contemporánea
Grupo de investigación: HISTAGRA Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX
Correo: ana.cabana@usc.es
Web persoal: https://histagra.usc.es/es/persoas/9/ana-cabana-iglesia
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Entre a resistencia e a adaptación a sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) 2006. Dirixida por Dr. Lourenzo Fernández Prieto.
Doutora en Historia (2006, Premio Extraordinario) e Profesora Titular (acreditada a cátedratica en 2024) do Departamento de Historia. Docente da área de Historia Contemporánea na Facultade de Humanidades, no Campus de Lugo. Membro do Grupo de Investigación de Referencia Competitiva HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX), vinculada ao CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e colaboradora do CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC). As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo da sociedade e as súas actitudes durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural no século XX e a historia das mulleres. Ten realizado estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, London School of Economics and Political Science (LSE), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Foi profesora invitada no Middlebury College (Vermont, USA), na Hofstra University (NY, USA) e na New York University (USA). Ten participado en máis de trinta proxectos de investigación e é investigadora Principal de diversos proxectos de concorrencia competitiva (Ministerio de Ciencia, Instituto de las Mujeres ou FECYT) . É autora de varias monografías, de máis de corenta artigos en revistas indexadas e doutros tantos capítulos de libros en editoriais académicas recoñecidas a nivel estatal e internacional. Forma parte do Comité Científico do Comisionado de "50 de España en Libertad" e ocupa unha das catro vogalías de Historia Contemporánea da "Comisión técnica sobre símbolos y elementos contrarios a la memoria democrática" (Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática). IP do Grupo de Innovación Docente "Ruralia" e membro do Grupo "Xuvenciencia". Forma parte da Xunta Directiva da Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA) e é co-directora da Cátedra Juana de Vega da USC.