Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultad: Facultade de Ciencias da Educación

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Correo: igor.mella@usc.es

Web persoal: https://www.usc.es/esculca/

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aprendizaje-servicio y rendimiento académico del alumnado universitario. La evaluación de un programa 2019. Dirixida por Dr. Miguel Anxo Santos Rego, Dra. María del Mar Lorenzo Moledo.

Doutor en Educación pola USC, con Mención Internacional e Premio Extraordinario. As súas liñas de investigación prioritarias son: aprendizaxe-servizo, educación superior e desenvolvemento de competencias. Foi profesor na UVIGO e a UNIR. Desde o ano 2020 é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Teoría e Historia da Educación) na USC. É membro do Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva); da Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Escola e Sociedade) de financiamento autonómico; e da Rede de Excelencia Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento (EDU2014-51756-REDT e EDU2017-90651-REDT). É membro dos Grupos de Innovación Docente PAIDEIA e Alén-ApS da USC. Participou en diferentes actividades e proxectos de I+D+I, entre os que destacan os seguintes: Autonómicos: • Realización do estudo "Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia" (2015-CP022). Contrato con la Consellería de Traballo - Xunta de Galicia. • Construíndo cidadanía global para a transformación social a través da aprendizaxe-servizo (ApS). Convocatoria de Educación para o Desenvolvemento 2019. • Aprendizaxe-servizo e cooperación para o desenvolmento. Formando para a cidadanía global. Convocatoria de Educación para o Desenvolvemento 2023. Plan Estatal de I+D+i: • Aprendizaje-Servicio e Innovación en la Universidad. Un programa para la mejora del rendimiento académico y el capital social de los estudiantes (EDU2013-41687-R). Convocatoria de RETOS 2013. • Aprendizaje-servicio (ApS) y empleabilidad de los estudiantes universitarios en España: competencias para la inserción laboral (EDU2017-82629-R). Convocatoria de RETOS 2017. • El impacto de la universidad en la comunidad a través de los proyectos de aprendizaje-servicio. Un estudio centrado en la reciprocidad (PID2021-122827OB-I00). Generación del conocimiento 2021. Erasmus+: • Service-learning to improve training and employability in wildfire management in Southern Europe (FacingFire). Erasmus+ KA203 (Strategic Partnership). • Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees. Erasmus+ KA220-HED (Cooperation partnerships in higher education). Realizou unha estadía de investigación na National University of Ireland, Galway (2017), onde obtivo o Graduate Student Scholarship, galardón outorgado pola International Association for Research on Service-Learning and Community Engagement. Presentou máis de 40 traballos a Congresos Nacionais e Internacionais. Publicou un total de 18 artigos en revistas científicas, 12 capítulos de libro e 1 libro na editorial Octaedro. Participou no Comité Organizador de múltiples xornadas e eventos científico-técnicos, destacando o caso de catro Congresos Internacionais. Así mesmo, formou parte do Comité Científico do I Congreso Internacional de Psicoloxía Educativa (UDC, 2020) e do III Simposio Internacional “Aprendizaxe-Servizo na Universidade. Empregabilidade e Calidade” (USC, 2021). Conta con máis de 100 horas de formación docente. Dirixiu un total de 17 TFG e 17 TFM. Participou como docente en diferentes actividades de formación de profesorado universitario na USC e a UVIGO. Formou parte das Comisións Avaliadoras na VII e a VIII Convocatorias de Proxectos de Innovación Educativa en ApS da USC, así como dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en ApS da UDC.