Desencadeando unha batalla de forzas intermoleculares no laboratorio

  1. Manolo Bermejo Patiño
  2. Sandra Fernández Fariña
  3. M. Isabel Fernández García
  4. Ana González Noya
  5. Marcelino Maneiro Maneiro
  6. Miguel Martínez Calvo
  7. Rosa Pedrido Castiñeiras
  8. Laura Rodríguez Silva
  9. María J. Romero Castro
  10. M. Isabel Velo-Heleno
  11. Beatriz Fernández Fernández
  12. M. Inés García Seijo
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2024

Ano: 37

Número: 97

Páxinas: 183-194

Tipo: Artigo

DOI: 10.54954/202497183 DIALNET GOOGLE SCHOLAR

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

Nesta práctica experimental, exploramos o fenómeno do “efecto salino” sobre diferentes disolucións, para tratar de comprender que son e como actúan as forzas intermoleculares. Realizaremos esta exploración mediante a observación da separación de fases no seguinte experimento: a unha disolución composta por auga e acetona, engádeselle sal de mesa (cloruro de sodio, NaCl) e obsérvase o resultado. Á mestura inicial engádenselle dous colorantes de maneira que inclúe catro compoñentes miscibles entre si: auga, acetona e dous colorantes (azul e amarelo), formando unha disolución verde homoxénea. Porén, ao agregar unha cantidade significativa de sal de mesa, observamos unha separación espontánea en dúas capas con distintas cores: na parte superior, unha capa azul rica en acetona, e na parte inferior, unha capa amarela rica en auga salgada. Este fenómeno débese ás interaccións intermoleculares que se producen entre os ións do sal e as moléculas de auga, que son capaces de xerar unha redistribución dos compoñentes na disolución inicial auga-acetona. A través deste e doutros experimentos, afóndase na comprensión do “efecto salino” e ilústrase como as interaccións intermoleculares e a distinta miscibilidade dos disolventes inflúen na distribución das fases existentes en sistemas químicos complexos.