Museoloxías contemporáneas e sistemas culturais emerxentesmodelos, heurísticas, conceptos. Aplicación ao sistema museal galego
- López Pato, Sabela
- Arturo Casas Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 18 December 2023
- Alice Lucas Semedo Chair
- Ana Cabana Iglesia Secretary
- Xurxo M. Ayán Vila Committee member
Type: Thesis
Abstract
O principal propósito desta investigación é presentar, describir e concretar unha análise crítica das principais correntes da museoloxía contemporánea e ver en que medida este corpus conceptual e metodolóxico atende ou desatende realidades culturais e museais marcadas pola subalternidade, a dependencia ou a precarización. Alén disto, trátase tamén de observar ata que punto a asunción estrita ou relativa desta clase de operativos supón ou non unha eiva para analizar o caso galego. A estrutura organízase en tres partes. A primeira, céntrase na historiografía museal. A segunda, no desenvolvemento da museoloxía contemporánea: Escola de Brno, Nova Museoloxía e Escola de Leicester. A terceira na experiencia galega: na problemática do sistema museal galego despois de 1975 e no relato sobre a súa formación no século XIX.