Como reverter as desigualdades nos museos: reflexións dende a crítica patrimonial feminista
Publisher: Bamad Galicia
ISBN: 978-84-09-45491-4
Year of publication: 2022
Type: Book chapter
Abstract
Neste texto quero compartir algunhas das reflexións que veño facendo os últimos anos sobre a pertinencia de adoptar unha perspectiva crítica feminista no ámbito dos museos e do patrimonio, co obxectivo de non seguir perpetuando roles e estereotipos de xénero así como para rachar coas xerarquizacións e dinámicas que xeran desigualdades. A ausencia de mulleres ou a súa representación estereotipada incide na minusvaloración, banalización ou ridiculización do se que asociou historicamente co feminino, reproducindo así as bases da violencia simbólica. Con todo, non só podemos atender a unha inxustiza no plano do simbólico, senón tamén como isto repercute na invisibilización da precariedade e as condicións de desigualdade