GUADALUPE
JIMENEZ ESQUINAS
Profesora contratada doutora
Departamento: Departamento de Filosofía e Antropoloxía
Facultad: Facultade de Filosofía
Área: Antropoloxía Social
Grupo de investigación: Antropoloxía Socio-cultural
Correo: guadalupe.jimenez@usc.es
Doutora pola Universidad del País Vasco - Euskal Herriko Unibertsitatea coa tese Del paisaje al cuerpo una crítica feminista de la patrimonialización del encaje en la Costa da Morte 2018. Dirixida por Dr/a. Cristina Sánchez-Carretero, Dr/a. Victoria Quintero Morón, Dr/a. Juan Manuel Madariaga Mota.
Guadalupe Jiménez-Esquinas é profesora Contratada Doutora na área de Antropoloxía Social (departamento de Filosofía e Antropoloxía) da Universidade de Santiago de Compostela. Previamente, desde 2018, foi Profesora Axudante Doutora e profesora Asociada P6 desde 2016 nesta mesma institución. Doutora internacional pola Universidade do País Vasco (2018) cunha valoración de Cum Laude no programa “Estudos científicos interdisciplinares en Patrimonio e Paisaxe” (nivel 4 MECES, nivel 8 EQF), máster universitario en estudos de xénero (2010, CSIC-UIMP), licenciada en antropoloxía social e cultural (UCM, 2009) e diplomada en enfermería (UCO, 2005). Realizou a súa tese de doutoramento cunha bolsa Jae-Predoc no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e traballou como investigadora profesional en antropoloxía, contratada no marco do proxecto internacional NEARCH (New scenarios for a community-involved archaeology, programa Culture da U.E. 2013-1126/001-001). Formou parte doutros proxectos de investigación a nivel autonómico (Xunta de Galicia. Programa INCITE, Ref. 09606181PR), internacional (Rede Científica Trama3, programa CYTED, Ref. 613RT0473) e nacional (Plan Nacional I+D+i, ADISKIDE Ref. PID2022-137967NB-I0; ParticiPat Ref. HAR2014-54869-R; COMPROPP Ref. GC2018-094491-B-C31 e HabitPat Ref. PID2020-118696RB-I00). Recibiu o VII Premio Micaela Portilla Vitoria á mellor tese sobre estudos feministas ou de xénero (EHU/UPV). En 2017 recibiu o primeiro premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación que outorga esta universidade (OIX-USC) e no 2023 volveu recibir o Accesit. A súa investigación céntrase especialmente na introdución da análise feminista nos estudos críticos do patrimonio analizando como os procesos de patrimonialización inciden no xénero, con casos de estudo centrados nas mulleres galegas. Xunto ao seu grupo de investigación desenvolveu estudos sobre a participación social na xestión do patrimonio cultural. Na actualidade tamén está investigando sobre a amizade política entre mulleres. Durante a súa formación predoutoral realizou estadías de investigación en universidades internacionais como a New York University (Department of Performances Studies) e a Universidade de Bos Aires (Instituto de cc antropolóxicas), así como en institucións como o Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico. Publicou tres libros, capítulos de libro en editoriais de recoñecido prestixio (Peter Lang, CSIC) e artigos en revistas destacadas da súa área de coñecemento como PH, Disparidades, AIBR, Anthropology Today, Tourist Studies e Journal of Sustainable Tourism. Tamén realizou traducións para a Revista de Antropoloxía Social (RASO). Ademais da súa produción científica e militancia feminista, dedicou esforzos á participación activa na vida universitaria desde o comezo da súa vida académica, sendo representante estudantil e, na actualidade, é a Secretaria do Departamento. Segue formando parte das principais asociacións de antropoloxía (SIEF, Association of Critical Heritage Studies, AIBR, AGANTRO), participou e organizou congresos internacionais e nacionais, aposta pola divulgación científica (documentais, libros, actividades participativas) e o vínculo ciencia-arte. Ademais da súa traxectoria académica, é nai desde 2011.