Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos
- Laura Rubio Lareu
- Marta Lores Director
- Carmen María García Jares Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 16 de decembro de 2022
- Ana María García Campaña Presidente/a
- Manuel Aboal Somoza Secretario
- Ante Lončarić Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Nos últimos anos, a preocupación pola imaxe desencadea unha demanda que medra vigorosamente e un elevado consumo diario de produtos cosméticos e de coidado persoal. Isto supón un alto grao de exposición a multitude de compoñentes, polo que existe un crecente interese polo control da calidade e seguridade destes produtos. Esta tese centrouse no desenvolvemento de metodoloxías analíticas para superar os retos na análise de ingredientes cosméticos. Abarcou a determinación de familias de compostos moi utilizados en cosmética así como a caracterización doutros cosméticos con características extremas ou fronteirizas, como son as tatuaxes e tinturas capilares temporais de orixe vexetal. Os resultados foron discutidos en función da regulación vixente aplicable. Tamén se incluíron extractos naturais e aceites esenciais con potenciais aplicacións como ingredientes naturais en cosméticos.