3D Scaffolds for bone regeneration containing active substances
- Farto Vaamonde, Xián
- Carmen Álvarez Lorenzo Doktormutter
- Ángel Concheiro Nine Doktorvater
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 26 von Oktober von 2022
- Rosa María Hernández Martín Präsident/in
- Carlos Alberto García González Sekretär
- Fernando Jorge Mendes Monteiro Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
O aumento da esperanza de vida e o consecuente envellecemento da poboación leva a unha crecente demanda de implantes para rexeneración ósea, o que obliga á búsqueda de alternativas aos autoenxertos e aloenxertos, de dispoñibilidade limitada, e ás próteses convencionais que só permiten unha recuperación temporal da funcionalidade. Nesta tese desenvolvéronse implantes ou scaffolds activos de óso producidos mediante impresión 3D, concretamente mediante a técnica de Modelaxe por Deposición Fundida (FDM), empregando como material ácido poliláctico (PLA). Os scaffolds 3D foron funcionalizados ou incorporados con sustancias activas: (1) incorporación de dexametasona/prednisolona para promover a rexeneración ósea e reducir a inflamación post-operatoria; (2) incorporación de carvacrol, un composto natural efectivo contra bacterias Gram positiva e negativa, a fin de evitar a formación de biofilm bacteriano; (3) enxertos superficias de ácido acrílico mediante radiación gamma para funcionalizar os scaffolds e dotalos de sensibilidade a estímulos; (4) recubrimento superficial con polidopamina (PDA) para mellorar as propiedades osteoinductivas do scaffold e a adhesión celular, así como actuar de sustrato para posterior incorporación de outras sustancias.