Departamento: Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Facultad: Facultade de Farmacia

Instituto: Instituto de Materiais

Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)

Área: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Grupo de investigación: I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

Correo: angel.concheiro@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Bioinequivalencias en medicamentos de velocidad de eliminación lenta y baja solubilidad estudio con formas orales de espironolactona 1981. Dirixida por Dr/a. José Luis Vila Jato, Dr/a. Matías Llabrés Martínez.

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Absorciometrías en disolventes no acuosos 1976. Dirixida por Dr/a. Francisco Bermejo Martínez.

Angel Concheiro é licenciado e doutor en Ciencias Químicas (1976) e Farmacia (1981) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi profesor Titular de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica desde 1983 a 1988, e é Catedrático desde 1988. É membro do grupo I+DFarma da USC, recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia, en sucesivas convocatorias desde 2007 (http://idfarmausc.es/). Ocupa o posto 10 na clasificación h- index da área de Farmacoloxía e Farmacia en España (https://grupodih.info/salud.html#PHARMACOLOGY&PHARMACY). Conta con 7 sexenios de investigación e 1 sexenio de transferencia. A súa investigación céntrase no deseño e a avaliación de sistemas avanzados de administración de fármacos, utilizando armazóns e hidrogeles poliméricos intelixentes e de impresión molecular e estratexias bioinspiradas. As súas liñas de traballo inclúen o desenvolvemento de produtos sanitarios que actúen como plataformas de cesión sostida de fármacos (produtos combinados) e de scaffolds poliméricos 2D e 3D para medicina regenerativa. Coautor de +350 artigos en revistas indexadas, 30 capítulos de libros, varias contribucións en revistas non indexadas e máis de 365 comunicacións a congresos, e coeditor de Smart Materials for Drug Delivery da Royal Society of Chemistry UK (2013) e Handbook of Molecularly Imprinted Polymers de Smithers Rapra Publisher UK (2013). Coautor de 17 patentes rexistradas pola USC e participación activa en proxectos de valorización ( Innocash e MindTheGap). Revisor de máis de 30 revistas indexadas e avaliador de proxectos para axencias españolas, europeas, americanas e asiáticas. Dirixiu 26 Tese de Doutoramento (17 delas en programas con Mención de Calidade, 11 recibiron o premio extraordinario de doutoramento e 14 Mención Europea ou Internacional) e +70 traballos de investigación supervisados, Tese de Grao e Máster, e actualmente supervisa outras 3 Teses Doutorais. Foi responsable da estancia de investigadores estranxeiros pre e postdoutorais. Presidente do Comité de Avaliación de Medicamentos Veterinarios da AEMPS e experto da Axencia Europea de Medicamentos (EMA). Presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia (desde 2022).