A aprendizaxe-servizo no ensino secundarioproxectando vínculos entre patrimonio e educación para a cidadanía
- Lobato García, Margarita
- Miguel Anxo Santos Rego Director
- María del Mar Lorenzo Moledo Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 09 de xuño de 2022
- Antonio Bernal-Guerrero Presidente/a
- Alexandre Sotelino Losada Secretario
- Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese comezou polo interese por coñecer a implantación dos proxectos de Aprendizaxe-Servizo en España e na Comunidade Autónoma de Galicia, empregando como elemento de análise o patrimonio histórico, artístico, cultural e natural, dende a perspectiva da Educación para a Cidadanía no Ensino Secundario. Estruturamos a tese en dúas partes: na primeira procedemos a expoñer o estudio teórico sobre os aspectos formulados anteriormente, que nos levou ao deseño duns instrumentos, do que son exemplo as pautas para identificar un proxecto de ApS, a enquisa e as entrevistas aos protagonistas do estudio; e na segunda parte analizamos a experiencia de ApS no Instituto de Secundaria de Porto do Son. Os resultados foron moi satisfactorios para estudantes e profesorado participante na investigación, aínda que a análise cuantitativa realizouse nos dous últimos cursos da experiencia, curso 2013-2014 e curso 2014-2015. Esta tese permitiunos identificar e concretar as boas prácticas de ApS no ámbito local, e mesmo experimentar a importancia que ten a investigación obxectiva e rigorosamente científica na formación continua do profesorado, e tamén na súa experiencia profesional. Dun xeito meridiano, as conclusións apuntan a unha mellora dos resultados académicos no alumnado no nivel de ensino secundario.