Los asentamientos precarios en Galiciadesde los conjuntos autoconstruidos hasta la infravivienda de producción institucional como expresiones del urbanismo segregativo
- Amparo Casares-Gallego Director
- Yasser Farrés Delgado Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 15 de setembro de 2021
- Ramón Grosfoguel Presidente/a
- Plácido Lizancos Secretario/a
- Zaida Muxí Martínez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Cando entre 1950 e 1970 as periferias urbanas colmatáronse de chabolas, aplicáronse realoxamentos masivos en novos barrios de absorción, insuficientes para satisfacer a demanda crecente e que, ademáis, deixaron fóra a grupos sociais concretos. Las familias xitanas quedaron relegadas a realoxamentos posteriores e ás solucións especiais: asentamentos segregados de infravivenda. Estes conxuntos, construídos polas administracións e entidades sociais, non contaban coas condicións mínimas de habitabilidade e consolidaron a segregación urbana. Caracterizáronse por catro estratexias de actuación: re-segregativa, asistencial, diferencialista e universalista. Este urbanismo segregativo é a expresión territorial do antixitanismo estrutural histórico, onde o xitano é representado como o outro, en oposición ao payo. Máis de 1 de cada 4 asentamentos precarios galegos foron construídos polas institucións segundo os devanditos criterios. Cando estes contextos colapsan prográmanse realoxamentos en “vivenda normalizada”, seguindo políticas asimilacionistas e de dispersión. Esta pretensión homoxeneizante busca neutralizar a diferenza en base a unha concepción etnocéntrica/ heteropatriarcal/colonial do habitar. 10 Para descolonizar o dereito á cidade debemos recoñecer as resistencias mutualistas desenvolvidas en habitares marxe dos asentamentos precarios autoconstruidos. Aproximarnos a estes espazos relegados como elementos urbanos complexos dotados de memoria e produtores de coñecemento con potencial emancipador.