Use of high resolution mass/mass spectrometry for the investigation of food safety and environmental impact of organic emerging contaminants

  1. Facorro Souto, Rocío
Supervised by:
  1. María Pilar Llompart Vizoso Director
  2. Thierry Jean Dagnac Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 25 June 2021

Committee:
  1. Rosa Antonia Lorenzo Ferreira Chair
  2. Nieves Carro Mariño Secretary
  3. Jorge Eduardo Regueiro Tato Committee member
Department:
  1. Department of Analytical Chemistry, Nutrition and Bromatology

Type: Thesis

Teseo: 665716 DIALNET

Abstract

A presente tese céntrase no desenvolvemento e optimización de metodoloxías analíticas, principalmente baseadas na espectrometría de masas en tándem e de alta resolución, para a determinación de contaminantes orgánicos emerxentes e o seu impacto ambiental, así como a investigación no ámbito da seguridade alimentaria. No compartimento ambiental, as dúas clases de contaminantes orgánicos estudiados foron os funxicidas e os filtros UV, xa que son susceptibles de alcanzar as augas superficiais debido ao seu modo de emprego. Ademais de metodoloxías para a identificación e cuantificación destes compostos en mostras de augas, propóñense métodos de fotodegradación eficientes para a súa eliminación. A cromatografía acoplada a espectrometría de masas de alta resolución co modo de adquisición SWATH foi empregada tamén para a realización de analíticas non-targeted para a identificación de produtos de degradación. En canto ao ámbito alimentario, desenvolveuse unha metodoloxía de determinación e cuantificación dun amplo grupo de micotoxinas nun cento de mostras de alimentación animal. Identificáronse tamén formas modificadas dos compostos de interese empregando o modo de adquisición SWATH.