O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane

  1. Rei Castro, Micaela
Dirixida por:
  1. Carlos Paulo Martínez Pereiro Co-director
  2. Teresa López Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. Perfecto Cuadrado Fernández Presidente/a
  2. Carme Fernández Pérez-Sanjulián Secretario/a
  3. J. Carlos Quiroga Díaz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 580549 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta Tese trata da arte mural practicada polo poliédrico artista Luís Seoane (1910‒1979), relacionándoa co conxunto da súa creación plástica e literaria, co obxectivo principal de destacar o elevado valor desta no seu complexo e diversificado universo creativo. Partindo dun principio globalizador asumido polo propio artista, considérase neste corpus non só os seus murais e proxectos previos, senón tamén as súas vidreiras e tapices, material básico que facilitamos nos distintos inventarios. Seguindo unha metodoloxía ecléctica, pártese dunha contextualización xeral arredor deste artista centrada na poliaptitude e polifacetismo da súa diversificada produción. Confrontando e contextualizando os ideias muralísticos de Seoane en relación co panorama xeral do muralismo do século XX, analízanse as súas producións, subliñando a súa importancia e singularidade. Finalmente, dada a síntese interartística existente na obra de Seoane, móstranse as distintas relacións transitivas e recíprocas desas obras muralísticas co seu labor literario e ensaístico, e a posteriori, co seu traballo artístico-plástico, no plano conceptual e temático. Así, apréciase a arte mural en perfecta coherencia, recíproca e transitiva, coas demais obras do autor, aínda que sobresaíndo a súa centralidade no totum artístico seoaniano.