Aplicacións clínicas da investigación neuropsicolóxica

  1. Marina Rodríguez Álvarez
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Año de publicación: 2009

Título del ejemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páginas: 316-320

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumen

dunha base teórica, baseada en evidencias científicas, de como teñen lugar os procesos cognitivos, as súas posíbeis alteracións, e cando é posíbel, a intervención sobre os mesmos para rehabilitalos ou compensar os déficits. Tendo en conta que o estudo das relacións cerebro-conduta e a aplicación clínica deste coñecemento aos problemas son inseparábeis, na Facultade de Psicoloxía da USC, vense traballando na descrición de perfís neuropsicolóxicos de pacientes con distintas patoloxías que afectan ao SNC como o Alcolismo, Toxicomanías, Infección por VIH/SIDA, Demencias e doenzas neurodexenerativas, patoloxía cerebrovascular, así como tamén o estudo do envellecemento normal. Esta liña de traballo contribúe a comprender mellor as implicacións neuropsicolóxicas asociadas a unha determinada patoloxía, e permite ofrecer datos de interese que poden e deben ser tidos en conta á hora de deseñar programas de intervención e de prevención, tanto no ámbito persoal, como sanitario e social.