Delimitación das áreas metropolitanas funcionais da Coruña e Vigo
- Carmen Voces
- Miguel Angel Caínzos López
- Martiño Rubal Maseda
- Pilar Luaces
Editorial: Escola Galega de Administración Pública = Escuela Gallega de Administración Pública ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia
ISBN: 978-84-453-4435-4
Ano de publicación: 2007
Tipo: Libro
Resumo
O obxectivo deste documento é delimitar as fronteiras das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, identificando nominalmente todos e cada un dos municipios que as compoñen. Este traballo de delimitación lévase a cabo a través dunha análise estatística das características demográficas, socioeconómicas e funcionais dos municipios das provincias de Vigo e A Coruña, dirixida a obter en cada unha delas un subconxunto de municipios que, polos seus trazos distintivos e a súa relación de interdependencia (e de dependencia con respecto ao correspondente polo metropolitano), sexan claramente diferenciables do resto e reúnan as propiedades que adoitan considerarse propias dunha área metropolitana. O documento está organizado en cinco seccións. A primeira, de carácter introdutorio, presenta o concepto de área metropolitana e explica a relevancia do obxectivo proposto. A segunda repasa sumariamente as estratexias e os criterios de delimitación de áreas metropolitanas que son utilizados máis habitualmente na literatura especializada sobre o tema. Na terceira sección presentamos as variables e técnicas estatísticas empregadas nas análises. Os resultados destas son expostos con detalle na sección cuarta. Finalmente, o documento péchao un apartado de recapitulación e conclusións.