Equilibrios tautoméricos e procesos de transferencia protónica fotoinducida no 2-(6'-hidroxi-2'-piridil)bencimidazol
- GARCIA LEMA, IRIA
- Manuel Mosquera González Director
- Flor Rodríguez Prieto Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 28 de outubro de 2009
- Julio Casado Linarejos Presidente/a
- Rafael Suau Suárez Secretario/a
- Moisés Canle Vogal
- Maria de la Merced Novo Rodriguez Vogal
- Ricardo Mosquera Castro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
As especiais características do protón fan que a a prente simplicidade dos procesos de transferencia protónica non sexa tal cando se descende ós detalles moleculares. A finalidade desta Tese é amplia-lo coñecemento dos aspectos moleculares estruturais e dinámicos das reaccións de transferencia de carga (protónica) que teñen lugar en disolución, con particular referencia ó papel do disolvente no proceso. Para isto estudáronse os procesos de transferencia protónica fotoinducida no 2-(6'-hidroxi-2'-piridil)bencimidazol, composto pertencente a unha familia de moléculas que presenta un comportamento moi rico e complexo, con varios tautómeros en equilibrio dependentes da composición do medio, e variados procesos de transferencia protónica fotoinducida. A investigación levouse a cabo mediante técnicas espectroscópicas, fundamentalmente de fluorescencia, tanto de estado estacionario coma con resolución temporal.