MARIA DE LA MERCED
NOVO RODRIGUEZ
Catedrática de universidade
Departamento: Departamento de Química Física
Facultad: Facultade de Ciencias
Área: Química Física
Grupo de investigación: Química Biofísica, Fotofísica e Espectroscopía
Correo: m.novo@usc.es
Web persoal: https://www.usc.es/fotofqm/es/unidades/single-molecule-fl...
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Procesos de transferencia protónica fotoinducida en 2-piridilbencimidazoles 1992. Dirixida por Dra. Flor Rodríguez Prieto, Dr. Manuel Mosquera González.
Son licenciada e doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Despois de varias estancias posdoutorais en Bélxica e Alemaña, en 1996 incorporeime definitivamente á área de Química Física do Campus de Lugo da USC, compaxinando traballos de investigación no campo da espectroscopia de fluorescencia e as súas aplicacións cun amplo labor docente en diversas titulacións de enxeñaría técnica, licenciatura, grao, máster e doutoramento. Tamén dirixín e dirixo na actualidade varias teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao. Desde marzo de 2023, son Catedrática de Universidade na área de Química Física. Actualmente son coordinadora do grupo de investigación de Química Biofísica, Fotofísica e Espectroscopia, no que desenvolvín a maior parte do meu traballo de investigación. A miña investigación céntrase no estudo estrutural e dinámico de sistemas supramoleculares mediante o uso de técnicas de fluorescencia, así como a aplicación de sondas fluorescentes para a detección e cuantificación de biomoléculas. Ademais, desde 2013, son coordinadora do Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía XuvenCiencia. XuvenCiencia é un grupo de innovación docente de profesoras e profesores multidisciplinar da USC no campus de Lugo que ofrece diversas actividades de formación na práctica investigadora e promoción das vocacións científicas e organiza un dos campus científicos para mozos máis grandes e exitosos de España. No marco destas actividades de divulgación conseguíronse varios proxectos competitivos nacionais e europeos.