Institut: Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá

Fakultät: Facultade de Filoloxía

Institut: Investigacións Lingüísticas e Literarias (iLTIUS)

Bereich: Englische Philologie

Forschungsgruppe: VLCG Variación, cambio lingüístico e gramaticalización

Email: tamara.bouso.rivas@usc.es

Persönliche Website: https://www.usc-vlcg.es/TB.htm

Adresse: Depto. de Filoloxía Inglesa e Alemá, Facultade de Filoloxía, USC, Avda. de Castelao, s/n

Doktorin von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Changes in argument structure in the history of English, with special reference to the emergence and development of reaction object constructions 2018. unter der Leitung von Dr. Teresa Fanego, Dr. Belén Méndez Naya.

Tamara Bouso é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela (2011), máster en Estudos Ingleses (2012) e doutora en Lingüística Inglesa (2018); en xullo de 2019 rematou un máster en Formación do Profesorado na UNIR (Universidade Internacional da Rioxa). Entre 2013 e 2017 preparou a súa tese de doutoramento en Santiago de Compostela, cunha bolsa FPU de catro anos (ref. FPU2012/01669) concedida polo Ministerio de Educación. Como estudante de intercambio ERASMUS (2009-2010), Tamara estudou na Universidade de Birmingham. Como investigadora de posgrao e posdoutoral realizou estadías de investigación nas universidades de Edimburgo (setembro-decembro de 2014; bolsa MECD EST13/00567), Neuchâtel (xuño-xullo de 2016, bolsa MECD EST15/00230; xullo-agosto de 2021, bolsa UIB 7/2021) e Zúric (xuño de 2022, bolsa UIB 11/2022; xuño de 2023, bolsa do Fondo Nacional Suízo IZSEZ0_213179/1; xullo de 2023, bolsa UIB 33/2023). Foi convidada a impartir docencia e/ou presentar resultados do seu traballo nas universidades de Osnabrück (maio de 2016, xaneiro-febreiro de 2020), Maguncia (abril de 2018), Neuchâtel (setembro de 2019), UC Riverside (agosto de 2020, outubro de 2021, novembro de 2022, abril de 2023, febreiro, xullo e novembro de 2024, maio de 2025), California State University - Fullerton (febreiro de 2021), Lake Forest College (abril de 2024), na Escola de Verán de Naxos en Lingüística Diacrónica (xullo de 2021 e 2022), Atenas, no marco do curso CIVIS sobre Lingüística Diacrónica (marzo de 2023, abril de 2024 e 2025), e Erlangen-Núremberg (xullo de 2024). En novembro de 2012, Tamara recibiu un dos premios anuais concedidos a investigadores/as novos/as por AEDEAN, a Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos. En decembro de 2019 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento 2017-2018 da Universidade de Santiago de Compostela. Tamara conta cunha ampla experiencia en investigación e desenvolvemento. Xunto con Pablo Ruano-San Segundo (U. de Estremadura) compilou o British Sentimental Novel Corpus (ISBN 978-84-09-60357-2), un corpus de 21 millóns de palabras que abrangue o período romántico (1798-1836) e o vitoriano (1837-1900). Conxuntamente con Marianne Hundt (Universidade de Zúric) recibiu financiamento do Fondo Nacional Suízo de Ciencia (Programa de Intercambios Científicos; ref. IZSEZ0_213179/1) para investigar as construcións de obxecto no inglés histórico americano. En marzo de 2025 foi nomeada membro do Comité de Goberno do Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias da USC – iLTIUS, para exercer como Secretaria Científica durante un mandato de catro anos. Tamara traballou como profesora de inglés nas universidades de Estremadura (2019) e das Illas Baleares (setembro de 2019-agosto de 2023). En setembro de 2023 regresou á Universidade de Santiago de Compostela, onde é Profesora Titular de Lingüística Inglesa.