Departamento: Departamento de Ciencias da Comunicación

Facultad: Facultade de Ciencias da Comunicación

Área: Comunicación Audiovisual e Publicidade

Grupo de investigación: Novos Medios Novos Medios (Tendencias, Cibermedios, Impresos)

Correo: xose.pereira@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O sector audiovisual e a sociedade da informacion en Galicia situación e perspectivas 2006. Dirixida por Dra. Margarita Ledo Andión.

A miña traxectoria investigadora e académica xirou sempre arredor do xornalismo pensado para as plataformas dixitais. Nunha primeira etapa (1999-2004) o obxecto fundamental da investigación centrábase na produción informativa, cunha atención especial aos proxectos dixitais. Nesta fase curricular participei en dous proxectos de investigación e fun coautor de máis dunha vintena de publicacións. Nunha segunda etapa (2004-2010), enfoque estivo dirixido ao estudo dos modelos de recepción, coincidindo coa aparición das redes sociais. Nestes dez anos formei parte do equipo investigador de dous proxectos de investigación e participei na autoría dunha ducia de publicacións. A terceira etapa do meu currículo estivo dedicada á xestión universitaria (ocupando postos de decano e Vicerreitor), e no aspecto investigador tratei a xestión da información e dos datos, con 7 publicacións arredor do uso de ferramentas por parte dos xornalistas, da arquitectura da información e da construción de modelos de Big. Nos últimos oito anos, fun responsable de Innovación da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e encargado do proceso de transformación dixital da CRTVG, especialmente na creación das novas canles dixitais e na creación dun Data Hub que xestiona a información que achegan os usuarios a través da súa experiencia.