
FEDERICO
MARTINON TORRES
Catedrático de universidade
Departamento: Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Facultad: Facultade de Medicina e Odontoloxía
Área: Pediatría
Grupo de investigación: Cuidados Intensivos, Intermedios y Urgencias Pediátricas Cuidados Intensivos, Intermedios y Urgencias Pediátricas
Correo: federico.martinon.torres@usc.es
Web persoal: https://www.serviciodepediatriasantiago.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Heliox y bronquiolitis aplicación de una mezcla gaseosa de baja densidad en el tratamiento de la bronquiolitis aguda del lactante 2005. Dirixida por Dr. José María Martinón Sánchez, Dr/a. Federico Martinón Sánchez.
O Profesor Federico Martinón-Torres é Académico Numerario da Real Academia de Medicina de Galicia, ocupando a cadeira de Pediatría. Desenvolve o seu labor profesional como Xefe e Coordinador do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, recoñecido no ano 2024 como o Mellor Servizo de Pediatría de España nos premios Best in Class. Ademais, é director de Pediatría Clínica, Infectolóxica e Traslacional, distinguido como o mellor Servizo de Infectoloxía de España nos premios Best in Class entre 2018 e 2023. A traxectoria profesional do Prof. Martinón foi recoñecida con máis de 20 premios nacionais, entre os que destaca o premio ao mellor pediatra de España outorgado polo Observatorio de Saúde nos anos 2023 e 2024, baseado na votación dos seus propios compañeiros de profesión. Pero tamén a súa labor humanística, social e de liderado foi recoñecida con galardóns como o Premio ao Liderado Reputacional (2024), o Premio Admirable (2022), o Premio ANISBASIS (2023) ou o Premio Afectivo-Efectivo (2021). Exerce a súa actividade docente na Universidade de Santiago de Compostela como Catedrático de Pediatría, universidade na que se licenciou, graduou e doutorou, acadando todos os premios á excelencia curricular e doutoral, entre eles os da Real Academia Nacional de Medicina, da que tamén é Académico Correspondente. No ámbito docente, dirixiu 16 teses doutorais e máis de 90 tesinas e traballos fin de máster, todos eles cualificados coa máxima nota. No eido investigador, destaca como investigador principal e coordinador da Unidade de Investigación en Vacinas e do Grupo de Xenética, Vacinas e Infeccións (GENVIP – www.genvip.eu) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Este grupo, recoñecido co Premio Internacional Zendal, é o máis relevante do IDIS en captación de recursos e impacto bibliométrico, situando ao Prof. Martinón e ao seu equipo na vangarda mundial no campo das infeccións e as vacinas. O grupo ten acadado máis de 26 millóns de euros en financiamento competitivo, xerado máis de 80 postos de traballo de perfís diversos, e acumula un factor de impacto superior a 5.000 (JCR 2023), un índice H de 59, e máis de 16.000 citas, a través de máis de 400 artigos científicos e 700 publicacións adicionais (libros, capítulos, etc.). Dirixiu máis de 200 proxectos de investigación e ensaios clínicos, salientando o seu liderado e participación en macroproxectos europeos e a excelencia na investigación competitiva, sendo un dos investigadores españois máis prolíficos neste campo, con 11 proxectos europeos ata a data. Os seus traballos foron clave no desenvolvemento clínico de máis de 40 candidatos vacinais e antiinfecciosos, así como en diferentes patentes internacionais no eido dos biomarcadores de enfermidades infecciosas e inflamatorias. O seu papel de referencia en infeccións e vacinas refórzase con fitos como a súa participación como asesor experto en vacinas da Organización Mundial da Saúde (OMS), sendo o primeiro español en formar parte do Comité Técnico Asesor para Europa (ETAGE) da OMS, e por crear e dirixir dende 2018 o Centro Colaborador da OMS en Seguridade Vacinal, o único deste tipo en España e o único de seguridade vacinal en Europa. Ademais, promoveu a creación de diversas redes, entre as que destaca a Rede Española de Ensaios Clínicos Pediátricos (RECLIP; www.reclip.org), que actualmente representa a España na Rede Europea de Ensaios Clínicos (c4c). A proxección internacional do Prof. Martinón reflíctese na súa presenza en diversos rankings globais, figurando entre o Top 2% dos científicos mundiais no ranking Stanford 2023, e máis concretamente, no Top 0,017% mundial como experto en vacinas.