MARIA JESUS
GARCIA GUIMAREY
Investigadora contratada posdoutoral
Departamento: Departamento de Física Aplicada
Facultad: Facultade de Física
Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)
Área: Física Aplicada
Grupo de investigación: Grupo de Nanomateriais, Fotónica e Materia Blanda
Correo: mariajesus.guimarey@usc.es
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Thermophysical Characterization of Lubricants Additivated with Nanoparticles for their Application in Renewable Energies 2019. Dirixida por Dr. Alfredo J. Amigo Pombo, Dra. María José Pérez Comuñas.
Son licenciada en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2014 (Nota media: 7,42/10). Tamén obtiven o máster en Enerxías Renovables (2015 – nota: 7,92/10), na Universidade de San Pablo CEU (Madrid, España). Incorporeime como investigadora en formación, dentro do proxecto “Uso de nanofluidos na produción de enerxía eólica e na formulación de lubricantes máis eficientes, ENE2014-55489-C2-1-R” no Laboratorio de Propiedades Termofísicas, LPT, da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Posteriormente, obtiven o doutoramento. en Ciencia de Materiais coa tese titulada “Caracterización termofísica de lubricantes aditivados con nanopartículas para a súa aplicación en enerxías renovables” (2019 – Cum Laude e Premio Extraordinario de Doutoramento) pola Universidade de Santiago de Compostela dirixida pola Dr. M.J.P. Comuñas (ORCID: 0000-0002-8324-1103) e polo Dr. A. Amigo (ORCID: 0000-0002-8092-6502). Durante o meu doutoramento concedéronme unha bolsa de estancia do Programa IACOBUS 2016-2017 - Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-ECT) durante tres meses na Universidade do Porto (Portugal). En 2019 comecei como investigadora posdoutoral na Universidade de Bournemouth (Reino Unido) cunha axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia con número de referencia ED481B-2019-015. Tamén son membro do Grupo NaFoMat (http://nafomat.usc.es/people/status/post_docs) e do Instituto de Materiais iMATUS (https://imatus.usc.es/investigadores), ambos fundados pola Xunta de Galicia.