Department: Department of Galician Philology

Faculty: Faculty of Philology

Institute: Galician Language Institute (ILG)

Area: Galician and Portuguese Philology

Research group: FILGA Galician Philology and Linguistics

Email: elisa.fernandez@usc.es

Personal web: https://ilg.usc.gal/gl/persoal/elisa-fernandez-rei

Doctor by the Universidade de Santiago de Compostela with the thesis Regras fonolóxicas posléxicas e regras precompiladas de alomorfia sintagmática Dominios prosódicos en galego 2002. Supervised by Dr. Xosé Luís Regueira Fernández.

Licenciada en Galego-Portugués e doutora en Filoloxía Galega pola USC, son profesora no Departamento de Filoloxía Galega e membro do grupo de investigación "Filoloxía e Lingüística Galega" (FILGA), recoñecido como "Grupo de Referencia Competitiva" pola Xunta de Galicia. Tamén colaboro como investigadora no Centro de Linguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Desde 2021, son unha das investigadoras principais do Proxecto Nós, centrado no galego na sociedade e economía da Intelixencia Artificial, e son unha das coordinadoras do equipo de voz deste proxecto no marco do PERTE "Nova Economía da Lingua". Desde 2023, dirixo o Instituto da Lingua Galega, un centro de referencia en lingüística galega. As miñas liñas de investigación principais inclúen a prosodia, a entoación e a variación lingüística, especialmente no contexto galego e románico. Dirixín o proxecto FFI2009-12738 sobre entoación e dialectoloxía perceptual e coordinei o comité galego do proxecto internacional AMPER. Nos últimos anos, ampliei o meu enfoque á sociolingüística da terceira onda e á Análise do Discurso, investigando o cambio lingüístico inducido por contacto e a relación entre o cambio lingüístico e o significado social e discursivo da variación en situacións de minorización lingüística. Esta liña de investigación foi apoiada polo proxecto PID2019-110352GB-I00, financiado pola AEI, do que fun Investigadora Principal entre 2020 e 2024. A miña investigación contribúe tanto ao avance do coñecemento lingüístico como ao desenvolvemento de recursos lingüísticos para a investigación. Participei en equipos multidisciplinares como a rede TecAnDaLi, onde colaborei no desenvolvemento de ferramentas como o programa de análise dialectométrica da entoación, a ferramenta de análise prosódica SEA-AP e a aplicación de análise perceptual FOLERPA. Desde setembro de 2023 coordino o nodo galego de CLARIAH-ES, unha infraestrutura de investigación en humanidades dixitais. A miña traxectoria inclúe numerosas publicacións en revistas e volumes especializados, tanto a nivel nacional como internacional. Son revisora de revistas de prestixio como Verba, Loquens, International Journal of Bilingualism e Journal of Linguistics, e fun secretaria da revista Estudos de Lingüística Galega. Actualmente, edito xunto con Xosé Luís Regueira o volume monográfico "New Developments in Galician Linguistics" para a revista Languages (Q1 SJR 2023), que se publicará en papel en 2025.