Departamento: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización

Facultad: Facultade de Matemáticas

Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

Universidad: Universidade de Santiago de Compostela

Área: Estatística e Investigación Operativa

Grupo de investigación: MODESTYA Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións

Correo: rosa.crujeiras@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Contributions to spectral spatial statistics 2007. Dirixida por Dr. Wenceslao González Manteiga.

Rosa M. Crujeiras é catedrática da área de Estatística e Investigación Operativa (Dpto. de Estatística, Análise Matemática e Optimización) na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciada en Matemáticas (2001), Diploma de Estudos Avanzados (2003) e Doutora en Estatística e Investigación Operativa (2007, tese titulada “Contributions to Spectral Spatial Statistics”, desenvolveu os seus estudos na USC, realizando estadías predoutorais en Estados Unidos e o Reino Unido. Tras un período posdoutoral no recentemente creado Servizo de Consultoría Estatística na USC, obtén no ano 2008 outro contrato como investigadora posdoutoral na Universitè catholique de Louvain, en Bélxica. En xaneiro de 2009 retorna á USC como profesora interina de substitución, desenvolvendo a súa carreira académica nesta universidade. Investigadora do grupo Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA). Dende setembro de 2021 ata decembro 2025 foi Directora Científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, CITMAga. Dende o 10 de abril de 2026, é Reitora da USC. A súa traxectoria foi recoñecida co Premio al Talento Joven Científico Femenino 2023 pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e en 2024, xunto coas profesoras M. Alonso e I. Gijbels, recibiu o Premio á Mellor Contribución Metodolóxica en Estatística da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e da Fundación BBVA (FBBVA). A súa actividade investigadora ten sido recoñecida con 3 sexenios (máximo posible). A investigación de Rosa M. Crujeiras centrouse no desenvolvemento de metodoloxía non paramétrica para a análise de datos en contextos complexos: procesos con dependencia espacial, variables observadas sobre soportes non-euclídeos (datos circulares e direccionais) e, máis recentemente, datos con información parcial (dobremente truncados). Os traballos sobre dependencia espacial son os que desenvolve fundamentalmente na súa etapa de tese e eta posdoutoral inicial, antes de abordar unha nova liña de investigación en datos direccionais, unha temática que non fóra traballada antes no seo do grupo de investigación, e que supuxo un importante recoñecemento a nivel internacional e a creación. Fusionando estes últimos avances co tema no que comezou a súa carreira académica, ten traballado tamén en estimación e contrastes sobre procesos circulares espaciais. Estes campos da estatística requiren o uso de ferramentas avanzadas da análise matemática e da xeometría Riemanniana, sentando as bases para a comprensión teórica de modelos estocásticos para datos complexos, sendo un inmellorable exemplo da necesidade de interdisciplinariedade para conseguir avances científicos relevantes. As súas contribucións máis recentes no ámbito dos datos direccionais achegan propostas de estimación non paramétrica para densidade e regresión con datos circulares, empregando neste último contexto tanto regresión á media como regresión modal, unha aproximación totalmente novidosa para este tipo de datos, ao igual que a regresión por verosimilitude local. Ten dirixido 8 teses doutorais nestas áreas. Conta con publicacións en revistas de prestixio e alto impacto en Estatística, de carácter metodolóxico como Journal of the American Statistical Association, Biometrics, Annals of Applied Statistics, Scandinavian Journal of Statistics, Electronic Journal of Statistics, Test, Stochastic Environmental Research and Risk Assessment ou Journal of Statistical Software, entre outras.