JULIA MARIA
CRESPO COMESAÑA
Profesora titular de universidade
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Área: Didáctica e Organización Escolar
Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa
Correo: juliamaria.crespo@usc.es
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Consideración de las necesidades educativas en la elaboración de proyectos arquitectónicos en los centros de educación infantil 2005. Dirixida por Dr. Anxo Serafín Porto Ucha.
A súa actividade profesional iníciase en 1989 na Administración Autonómica en labores de supervisión das actividades de atención ao alumnado e elaboración e implementación de programas educativos nos centros de Educación Infantil pertencentes á Xunta de Galicia, así como na avaliación de competencias adquiridas polos profesionais destes centros para a súa adaptación aos requisitos da LOGSE. En 1992 comeza a traballar no Concello de Vigo na elaboración de programas para Casas de Oficios. A partir dese ano comeza a súa actividade docente en institucións de educación superior: Universidade de Vigo, Santiago de Compostela e UNED. Os primeiros anos na Universidade de Vigo e a UNED están centrados na formación docente e na planificación metodolóxica innovadora das diferentes materias. Coa súa afiliación á Universidade de Santiago de Compostela comeza unha etapa específica que tenta combinar a docencia en materias afíns á organización escolar (Organización do Centro Escolar, Practicum, Organización e Xestión do Centro Escolar, Xestión e Desenvolvemento Institucional de Centros Educativos, entre outras) e a investigación en temáticas como o espazo educativo, as problemáticas na inclusión do alumnado inmigrante e a participación da familia na educación dos seus fillos e fillas. Sobre estas liñas de investigación desenvolvéronse a maioría dos artigos, capítulos de libros, comunicacións a congresos ou conferencias realizados. Nesta liña destaca tamén a transferencia de coñecemento na realización de informes técnicos sobre a adecuación dos espazos, como o realizado sobre o CEIP Ramón e Cajal ou o informe de idoneidade do emprazamento dun centro de terceira idade. Así mesmo, as temáticas traballadas sobre a inclusión do alumnado inmigrante están a contribuír á mellora e innovación en diferentes contextos escolares co fin de potenciar unha visión da diversidade étnico-cultural como un valor formativo fundamental. Desde a súa incorporación á USC, en 2005, pertence ao Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+i), que está integrado na Rede RIES, formada por oito grupos de investigación das tres universidades do SUG, e que adquiriu unha gran proxección social. O grupo de investigación recibiu o 1er Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 co proxecto "Familias inmigrantes en Galicia: a dimensión socioeducativa da integración", e o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica 2012 (3ª edición) polo traballo "O rendemento escolar do alumnado procedente da inmigración en Galicia. Un programa de optimización para familias e centros de ensino". O labor investigador compleméntase cun compoñente práctico moi importante, xa que posúe unha proxección nos procesos de innovación, cambio e mellora dos centros escolares. Actualmente é secretaria do departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da USC e Coordinadora da área de Didáctica e Organización Escolar.