Departamento: Departamento de Electrónica e Computación

Facultad: Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Centro singular: Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)

Área: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Grupo de investigación: Grupo de Sistemas Intelixentes

Correo: alberto.bugarin.diz@usc.es

Web persoal: https://citius.gal/team/alberto-jose-bugarin-diz

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Soluciones para la computación eficiente en sistemas basados en lógica borrosa 1994. Dirixida por Dr. Senén Barro.

Son Catedrático de Universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e coordinador do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI)‚ recoñecido como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia dende 2006 e que iniciou a súa traxectoria de investigación en IA en 1990. As miñas liñas de investigación céntranse en diferentes áreas da intelixencia artificial e as súas aplicacións‚ coma a xeración de linguaxe natural (sistemas “Data-To-Text”)‚ a computación flexible (“soft computing”)‚ a aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados. Son coautor de case 230 traballos científicos nos ditos temas e teño participado en máis de 63 proxectos de I+D e contratos de innovación e transferencia‚ sendo investigador principal en 25 deles. Tamén teño participado en proxectos de divulgación científica e son membro de diversas redes temáticas de investigación, incluida a recentemente concedida rede TELSEC4TAI sobre "Intelixencia artificial fiable: retos técnicos, éticos, legais, culturais e socio-económicos," liderada polo CiTIUS. Fun Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (ETSE) e na actualidade son vocal da Xunta Directiva da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA), secretario da Sociedad Española para el Procesamiento del Lenguaje Natural (SEPLN) e membro do comité organizador da “27th European Conference on Artificial Intelligence (ECAI)” que terá lugar en Santiago de Compostela en setembro de 2024. A nivel académico, coordino o Grao en Intelixencia Artificial impartido conjuntamente polas tres universidades de Galicia.