RAMON ANGEL
BOUZAS LORENZO
Profesor titular de universidade
Departamento: Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
Facultad: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Instituto: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)
Área: Ciencia Política e da Administración
Grupo de investigación: Investigación social e políticas públicas
Correo: ramon.bouzas@usc.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Análisis organizativo de la administración de una comunidad autónoma Xunta de Galicia 1982-1997 1999. Dirixida por Dr. Ramón Máiz Suárez.
Doutor en Ciencias Políticas e da Administración Pública e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi profesor visitante na Goldman School of Public Policy (University of California - Berkeley) e anteriormente no Interdisciplinary Institute of Management da London School of Economics and Political Science (Reino Unido) e na Università degli Studi dei Bologna (Italia). O seu labor docente e investigador, desenvolvido en máis dunha ducia de universidades de América Latina e Asia Central, centrouse en diferentes áreas da xestión pública. No ámbito da investigación, desenvolveu o rol de invesgador principal de diversos proxectos de concorrencia competitiva sobre inclusión dixital, cambio institucional, desenvolvemento de capacidades de liderado e política de xénero. Actualmente, centra a súa investigación na área do goberno dixital e, en particular, na exploración do impacto das TIC nos procesos de xestión pública. Posúe experiencia en órganos de goberno universitarios (docencia, internacionalización, oferta de titulacións), da que destaca o seu desempeño como Decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, entre 2017 e 2024.