Departamento: Departamento de Fundamentos da Análise Económica

Facultad: Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Instituto: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)

Área: Fundamentos de Análise Económica

Grupo de investigación: Grupo de Análise e Modelización Económica

Correo: roberto.bande@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Lagged adjustment processes in the spanish unemployment rate a comparison with Portugal 2002. Dirixida por Dr. Alberto Meixide Vecino.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, Máster M.Sc. In Economics polo Birkbeck College, University of London, doutor en Economía pola USC e Premio Extraordinario de Doutoramento. Profesor Titular de Universidade, no departamento de Fundamentos da Análise Económica da USC. Actualmente é decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, no campus de Lugo. A súa investigación céntrase na macroeconomía do mercado de traballo, a relación entre a incerteza e o aforro a nivel macro, as disparidades rexionais no desemprego. Tres sexenios de investigación e un de transferencia recoñecidos pola CNEAI. Ten dirixido 7 tesis de doutoramento. Presidente da Asociación Galega de Ciencia Rexional