ALBA
ALONSO ALVAREZ
Profesora titular de universidade
Departamento: Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
Facultad: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Universidad: Universidade de Santiago de Compostela
Área: Ciencia Política e da Administración
Grupo de investigación: ARMELA Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social
Correo: a.alonso@usc.es
Web persoal: https://sites.google.com/site/albaalonsoalvarez/home
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El Mainstreaming de género en España Cronología, instrumentos e impacto en las políticas finales 2013. Dirixida por Dra. Marta Irene Lois González.
Son Profesora Titular na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Rede Armela de Investigación. As miñas principais liñas de traballo abordan o deseño e implementación de políticas de igualdade, cun énfase particular no impacto das dinámicas territoriais e os actores políticos anti-(feministas). Ao longo da miña carreira académica formei parte de numerosas equipas de traballo nacionais e internacionais, tales como a rede GEPP (Gender Equality Policy in Practice) e o proxecto europeo QUING (Quality in Gender + Equality Policies). Fun co-IP do proxecto nacional "Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e Boa e-Administración" (AEI). Tamén colaborei como consultora externa con diversas institucións, incluindo o European Institute for Gender Equality da Comisión Europea e a Mesa de Xénero e Universidades do Ministerio de Universidades. Fun investigadora visitante na University of Edinburgh (IASH), na Vrije Universiteit Brussel e na Washington State University. Entre outras distincións, o meu traballo recibiu o Premio á Mellor Tese Doutoral outorgado pola Asociación Española de Ciencia Política (ex aequo) e o Premio Ángeles Durán á Innovación en Estudos de Xénero e das Mulleres.