Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Facultad: Facultade de Ciencias da Educación

Área: Teoría e Historia da Educación

Grupo de investigación: ESCULCA - Coñecemento e acción educativa

Correo el.: gabriela.miguez@usc.es

Web persoal: https://www.usc.es/esculca/

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Los Fondos de Conocimiento y la optimización del aprendizaje escolar en la infancia gitana 2020. Dirixida por Dr. Miguel Anxo Santos Rego, Dra. María del Mar Lorenzo Moledo.

Graduada en Pedagoxía e Doutora en Educación (2020), con mención internacional e premio extraordinario de doutoramento concedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou un Máster en estudos avanzados en antropoloxía social e cultural na Universidade Complutense de Madrid. Membro do Grupo de Investigación ESCULCA (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+i) e da Rede de Investigación RIES (Xunta de Galicia). É autora do libro "Fondos de Coñecemento Familiar e intervención educativa" (Narcea, 2020), de capítulos de libro en editoriais nacionais de relevancia, así como de publicacións indexadas en medios de difusión de impacto (SJR/JCR) no ámbito nacional e internacional. Participou como membro do equipo de investigación e de traballo en varios proxectos competitivos do Plan Estatal de I+D+i, entre eles un proxecto Erasmus +, un contrato coa Administración pública , e un proxecto de cooperación galega para o desenvolvemento da Xunta de Galicia. Actualmente, é profesora na área de Teoría e Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Entre as súas principais liñas de investigación destacan: antropoloxía da educación, fondos de coñecemento, e escola diversidade e inmigración.