Departamento: Departamento de Organización de Empresas e Comercialización

Facultad: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Área: Organización de Empresas

Web persoal: https://www.linkedin.com/in/javierbouzas

Licenciado en Administración de Empresas (2007) con Honores. Máster en Marketing pola University College Dublin (2008) e Máster en Xestión Internacional pola University College Dublin e The University of Sydney (2014). Actualmente, son investigador asociado do IGADI e curso un doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, centrando a miña investigación na internacionalización do emprendemento galego. Froito deste traballo publiquei na Revista Galega de Economía o artigo “The Galician Entrepreneurship Internationalization Matrix: A Regulatory Framework”, que propón un marco normativo para comprender e potenciar a proxección internacional das iniciativas empresariais da rexión. Con experiencia profesional en 4 continentes, entre os meus logros destaco liderar a apertura da primeira oficina en Latinoamérica dunha das empresas de e-learning máis importantes de Europa, axudando á internacionalización dunha pequena empresa familiar, asinando un contrato de distribución co a maior distribuidora mundial de materiais de construción en menos dun ano de vida da primeira empresa que iniciei e tendo formado a máis de 1.500 estudantes nos campos das tecnoloxías da información, economía, negocios internacionais e xestión de operacións.