RUBEN
CASTRO REDONDO
Profesor axudante doutor
Departamento: Departamento de Historia
Facultad: Facultade de Humanidades
Área: Historia Moderna
Grupo de investigación: Historia Moderna Historia Moderna
Correo: ruben.castro@usc.es
Web persoal: https://galiciadigital1753.wixsite.com/proyecto
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La conflictividad vecinal en la Galicia de fines del Antiguo Régimen los conflictos por medidas y límites 2016. Dirixida por Dra. Ofelia Rey Castelao.
Graduado en piano (2008). Licenciado en Historia (2010), con Premio Extraordinario, Máster en Profesorado (2011) e doutor en Historia Moderna pola USC, con mención internacional e Premio Extraordinario (2018). Fixo 5 estadías de investigación, en París (2), Arxentina, México e Chile. Contratado postdoctoral na U. da Sorbona e U. de Lisboa (2018/19), actualmente é profesor de Historia Moderna na USC. Ten publicado tres libros como único autor e outros dous como coordinador, 40 capítulos e artigos, con comunicacións en 50 congresos nacionais e internacionais (Francia, Portugal, Italia, Bélxica, Alemaña, Arxentina, Chile, México). Participou nun proxecto europeo (Resistance), cinco nacionais (coordinando como IP un deles: Castillae Metrum), unha rede de investigación e dous proxectos rexionais. Foi galardoado cos premios de investigación Ferro Couselo (2016) e Taboada Chivite (2019), e conta cunha web persoal de transferencia de investigación con +30.000 visitas: Galicia Digital 1753. En materia de xestión, foi coordinador de Hª de España na EBAU de Cantabria (2020-2023), Subdirector do Departamento de Hª Moderna e Contemporánea da UC (2022-2024) e secretario da CAPD de Estudos Culturais da USC (2024-vixente). Ademais, forma parte do Programa Interinstitucional "El mundo Atlántico en la Modernidad Temprana" (PIMAMT) da Universidad Nacional de La Plata (Arxentina), e é avaliador asiduo na Axencia Española de Investigación (dende 2022).