MIGUEL
GIADAS QUINTELA
Profesor axudante doutor
Departamento: Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Facultad: Facultade de Filoloxía
Instituto: Instituto de Investigación de Humanidades (iHUS)
Área: Filoloxía Latina
Grupo de investigación: SIFC Síncrisis, Investigación en Formas Culturais
Correo: miguel.giadas.quintela@usc.es
Teléfono: 881811840
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV) estudo e edición 2023. Dirixida por Dra. Helena de Carlos Villamarín.
Profesor Axudante Doutor na área de Filoloxía Latina na USC dende setembro de 2025. Cursou o Grao en Filoloxía Clásica (2012-2016) e o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas (2016-2017) na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse nesta mesma universidade no ano 2023 coa tese titulada “As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV): estudo e edición” dentro do Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia. Desenvolve o seu labor investigador dentro do campo da historiografía baixo medieval hispana escrita en lingua latina e, especialmente, arredor da obra Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa e o seu estudo de fontes. Ten participado en numerosos congresos internacionais de renome e publicado en revistas de alto prestixio como, por exemplo, Revista de Poética Medieval, Myrtia ou Cuadernos de Filología Clásica: Estudios Latinos. Así mesmo, é o tradutor do primeiro volume da colección "Kátaba. Estudos Medievais" que leva por título “O Rei Sabio: Un príncipe cristián, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento” de autoría do profesor Simon R. Doubleday. Realizou dúas estadías de investigación, a primeira na École Normale Supérieure de Lyon, baixo a supervisión do profesor Carlos Heusch (marzo-maio 2019), e a segunda no Department of Classics da Columbia University, baixo a supervisión de Carmela Vircillo Franklin (outubro 2024-agosto 2025).